TRES GAÑADORES ENTRE OS PRETO DE 1.000 PARTICIPANTES NO SORTEO DE “TAPEARTE”
A ruta de pinchos “Tapearte” celebrada no Concello da Guarda dende o 4 ó 14 de xuño sorteou, entre os preto de 1.000 participantes, tres estancias en diferentes hoteis.
No sorteo, celebrado hoxe día 17 de xuño, no Concello, e no que estiveron presentes tanto a Concelleira Montserrat Magallanes coma a Técnico de Turismo, Rosalía Verde, a man inocente da bolseira de Urbanismo, Ermitas Piñeiro, sacou os nomes dos gañadores.
Así, foron premiados, en primeiro lugar Abraham Álvarez Alonso veciño da Guarda, a quen lle corresponde unha estancia para dúas persoas no Parador de Tui, Xulio Martínez Gándara, tamén guardés, quen gañou unha estancia no Hotel Molino da Guarda e Leticia Martínez Pérez, veciña da localidade a quen lle tocou o fin de semana no Aparthotel Marouco.
As papeletas premiadas foron selladas no restaurante “Bitadorna”, no “Arruaz” e no hotel “El Molino”.
Aínda que entre os participantes había persoas chegadas dende por exemplo, Madrid, Toledo, Asturias, Portugal, Vigo ,ou A Coruña, entre outras comunidades e cidades, o azar quixo que todos os gañadores foran veciños da Guarda.
O Concello púxose xa en contacto cos galardoados.