Última cita de ‘Este outono ven ao teatro’ coa obra Deadpan Karaoke
O programa de “Este outono ven ao teatro” remata o próximo venres 29 de novembro coa obra para público adulto e xuvenil “Deadpan Karaoke” de Ibuprofeno Compañía.
Deadpan Karaoke é un espectáculo unipersoal de carácter participativo que propón como ingredientes principais o absurdo, a estupidez, a sorpresa, a comedia, a música e o cine, e que trata de dar resposta á pregunta: É posible o amor nesta sociedade tardocapitalista na que vivimos?
Deadpan é un personaxe incapaz de sentir e expresar emoción. A través das súas accións e grazas á contextualización das mesmas dentro dun karaoke, consegue facer accesibles e divertidas para o gran público cuestións e dilemas que ocupan aos grandes pensadores contemporáneos.
A obra dará comezo ás 21:00 horas no Centro Cultural. Agardámosvos!