Últimas prazas para a derradeira andaina do Concello da Guarda pola Serra do Galiñeiro
A ruta pola Serra do Galiñeiro en Gondomar é a última andaina que se terá lugar o sábado 11 de outubro de 2025 e que está organizada pola Concellería de Eventos Deportivos Concello da Guarda.
Esta actividade organizase cun autocar para o traslado dos participantes e con guías interpretativos da natureza que acompañarán ao grupo cun recorrido duns 10 km.
O monte Galiñeiro é un dos emblemas do entorno de Vigo. Esta ruta percorre a súa base e ascende ao miradoiro cunhas vistas panorámicas, continúa coa outra subida á Cova da Becha. Tamén se observará os petróglifos de Auga da Laxe, dos poucos de toda Galicia con debuxos de armas e que marcan a importancia deste enclave. Polo que coñeceremos a historia e a etnografía da nosa contorna.
As persoas interesadas deberán atoparse en condicións físicas adecuadas para realizar esta distancia que conta con certa dificultade polo desnivel. O prezo da actividade é de 20€ por persoa.
Máis información e inscrición na Casa dos Alonso (terceira planta) ou ben a través dun correo en turismo@aguarda.es ou no tel. 986614546, aínda que se priorizara a inscrición presencial.



