Un colorido e orixinal «Desfile dos Coles» abriu o Entroido Guardés 2019
A Guarda deu a benvida ao Entroido 2019 este venres co «Desfile dos Coles» no que participaron a case totalidade dos Centros Educativos do municipio.
Sobre as 12:00h do mediodía comezaron a desfilar máis dun milleiro de alumnos e alumnas dos diferentes centros educativos dende a Alameda cos seus orixinais e coloridos disfraces, nos que destacaron as conmemoracións dos 125 anos do pintor Miró, as carballeiras, o 125 aniversario de Van Gogh, o 125 aniversario da fundación do C.O.I., encaixados, 50 anos na lúa ou o Cocido Galego e todo isto amenizado pola Charanga Cantos Somos.
A programación do Entroido 2019 na Guarda continúa o sábado 2 de marzo co «Sábado de Guateque» a partires das 23:30h na Alameda da Guarda, onde os asistentes poderán gozar da música co concerto de «Monk Blues Band» e posterior pinchada retro a cargo de «DJ Guille».
Para a xornada do Domingo día 3 de marzo está programado o «Domingo das Familias», cando a Alameda da Guarda acollerá unha actuación musical da Orquestra «D´Moda» a partires das 18:00h.
O Luns día 4 de marzo os nenos e nenas da vila terán unha actividade moi especial coa «CÉ Orquestra Pantasma», con obradoiros e festa infantil da man de Matrácala a partires das 18:00h na Alameda da Guarda.
Xa para rematar a programación do Entroido Guardés 2019, o Martes día 5 de marzo ás 17:30h celebraráse o Desfile-Concurso de Entroido co acompañamento de «Aviadores Tolos e da Charanga «Vaia Panda», saída dende a Esquina Famosa e chegada á Alameda da Guarda.
Menú de Entroido
Ao longo de 4 días 6 establecementos de hostalaría da Guarda ofertarán o «Menú de Entroido» que inclúe un primeiro prato de Caldo ou empanada, un segundo prato de Lacón con Grelos e unha sobremesa con Filloas ou Ourellas de Entroido. O prezo é de 18€ por persoa e o menú inclúe viño e café. Nesta edición participan a Tapería – Restaurante Arruaz (986 614 571), Camping Santa Tecla (986 685 461), Celtic (986 611 679), La Pizzicata (986 611 534), O Cangrexal (986 611 107) e Restaurante Xantar (986 611 814 ). Recoméndase reservar con antelación chamando directamente ao restaurante.
PROGRAMACIÓN ENTROIDO 2019
SÁBADO 2 DE MARZO,
SÁBADO DE GUATEQUE
Concerto de “Monk Blues Band”
E despois: pinchada retro con “DJ Guille”
Alameda da Guarda a partir das 23:30
DOMINGO 3 DE MARZO
DOMINGO DAS FAMILIAS
Actuación da Orquesta D’moda
Alameda da Guarda a partir das 18:00h.
LUNS 4 DE MARZO,
LUNS DOS NENOS
Actuación de “CÉ Orquesta Pantasma”, obradoiros e festa infantil da dan de Matrácala
Alameda da Guarda a partir das 18:00h.
MARTES 5 DE MARZO, ás 17:30h.
MARTES DO DESFILE
Desfile-concurso de Entroido co acompañamento de “Aviadores Tolos” e a charanga “Vaia Panda”
Ínformate en www.aguarda.es e participa en algunha das categorías. Dende a Esquina Famosa ata a Alameda da Guarda
Tag:A Guarda, Desfile, desfile dos coles, Entroido