(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Login with your site account

No apps configured. Please contact your administrator.
Lost your password?

  • Galician
  • English
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Search

    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups
    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups

    Cultura

    • Home
    • Cultura
    • “Un home con lentes de pasta”, unha comedia negra para abrir a tempada teatral no Centro Cultural

    “Un home con lentes de pasta”, unha comedia negra para abrir a tempada teatral no Centro Cultural

    • Posted by prensa
    • Categories Cultura
    • Date 30 September, 2021

    • Un total de 5 propostas culturais entre outubro e decembro e que terán lugar no Centro Cultural con inscrición previa.

    O vindeiro 9 de outubro chega ata a Guarda á peza teatral “Un home con lentes de pasta”, unha comedia negra que versa sobre as relacións humanas, a presión das conviccións sociais, da necesidade de contar historias, de escoitalas e de formar parte delas. Todo elo da man de múltiples influencias e mestura de xéneros que xogan entre a comedia, o absurdo, o suspense…resultando ao fin un espectáculo xenuíno e divertido pero cunha segunda capa de profundidade sobre a constante necesidade de parecer, e non tan só de ser.

    A peza orixinal, escrita por Jordi Casanovas, foi estreada en Barcelona no 2010, acadando o premio da crítica Serra D’or ao mellor texto teatral, o de mellor espectáculo nos premios Time Out no 2011, o premio Mi Butaquita de mellor obra no 2014 e estivo nomeada ao mellor texto catalán nos Premios Max do 2011. Tras este percorrido e 10 anos despois, Redrum Teatro adaptou a peza para iniciar unha xira polos teatros galegos, poñendo a Alex Sampaio na dirección e na escena a actores ben coñecidos polo público galego como Sheyla Fariña (Acacias 38 ou Serramoura), Fernando González (Valeria), Guillermo Carbajo (Noiteboa, Contos do Recreo, Pratos Combinados) e Laura Míguez (María Solinha)

    A función representarase na Guarda o sábado 9 de outubro ás 20:00h. Como ven sendo habitual é obrigado formalizar a reserva previa a través do seguinte enlace: https://www.eventbrite.es/e/181675585567.

    PROGRAMACIÓN CULTURAL DE OUTONO

    Esta comedia é a primeira das propostas teatrais que compoñen a programación de Outono 2021 (para público adulto), que se caracteriza nesta ocasión pola variedade de xéneros e propostas. Así no mes de novembro, o día 19, a obra “Illas Desertas” da compañía tudense Artesa&Cía, romperá as conviccións do teatro cunha obra interactiva, moi contemporánea, con moito peso das novas tecnoloxías, que sen dúbida sorprenderá ao público guardés. E no mes de decembro, o venres 10, unha proposta de teatro musical que nos trasladará ao mundo das cupletistas, do cabaré e da Galicia urbana de 1921 coa obra “O Candil. Un musical galego”, da compañía coruñesa Escola Galega de Teatro Musical,

    Mais non só o teatro encherá o Centro Cultural, xa que tamén se unen propostas que nos achegan a poesía, a nosa literatura e a vangarda cultural. Tal é o caso do espectáculo “Entre o Caravel e a Rosa” que mañá venres, 1 de outubro, se representa no Salón de Actos do Centro Cultural e que indaga na figura e obra de Emilia Pardo Bazán. Ou a proposta “Algo que levar a boca”( 22 de outubro), que resucita ao Colectivo Rompente que con Antón Reixa á cabeza buscaba nos anos 70 e 80 novos modos de vangarda cultural innovando coa poesía, a imaxe a música. Sen dúbida unha proposta interesante para rescatar cara o presente eses momentos de procura de novos formatos que se dera moitísimo no tempo da Transición.

    1/10: Entre o Caravel e a Rosa. Ás 20:30h no Centro Cultural
    9/10: Un home con lentes de pasta. Ás 20:00h no Centro Cultural
    22/10: Rompente: Algo que levar á boca. Ás 21:00h no Centro Cultural
    19/11: Illas desertas. Ás 21:00h no Centro Cultural
    10/12: O Candil. Ás 21:00h no Centro Cultural

    Tag:A Guarda, cultura, Poesía, programacion outono, Teatro

    • Share:
    prensa

    Previous post

    Horarios Autobus Manifestación en defensa da Sanidade Pública
    30 September, 2021

    Next post

    Manuel Lorenzo e Rocío Rodríguez soben ao máis alto do podio da 15k Atlántico Banco Mediolanum
    4 October, 2021

    You may also like

    • A Biblioteca Pública Municipal da Guarda organiza un novo contacontos para o sábado 14
      5 March, 2026
    • Roberto Carrero decide coorganizar desde o Concello da Guarda as Festas do Monte 2026
      23 February, 2026
    • A Guarda organiza unha conferencia para conmemorar o día de Rosalía
      20 February, 2026

    Search

    Categories

    • General
    • Highways and works
    • Tourism
    • Uncategorized
    • Women

    Rebulindo

    • Móvete (Actividade física)
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion (Formación)
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    MOBILE APP

    You can download the official app of the town hall of A Guarda for:

    A Guarda IOS application
    A Guarda Android application

    Council

    • Write to the Mayor
    • Schedules of Interest
    • Sede Electrónica
    • Whistleblowing channel

    Información

    • Associations and Groups
    • Phones of interest
    • Emergency Pharmacy

    Recommended

    • Events
    • News

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Legal notice
    • Política de cookies
    • Privacy Policy