Un total de 32 equipos participarán este sábado no I Torneo de Petanca Concello da Guarda
• O Parque deportivo do Codesal acollerá esta primeira edición do Torneo de Petanca, realizado en colaboración co Clube O Caldeiro.
Este sábado día 21 de agosto de 2021 o Parque deportivo do Codesal acollerá a primeira edición do Torneo de Petanca Concello da Guarda, un evento deportivo que terá comezo ás 9:00h da mañá e que se estenderá ao longo do día e no que participarán un total de 32 equipos.
O Clube anfitrión O Caldeiro, creado no ano 2018 conta na actualidade cun total de 60 socios e 25 federados, empregando para os seus adestramentos as 16 pistas existentes na actualidade no Parque deportivo do Codesal.