(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Login with your site account

No apps configured. Please contact your administrator.
Lost your password?

  • Galician
  • English
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Search

    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups
    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups

    Turismo

    • Home
    • Turismo
    • “Volanteiro no camino” peregrina pola historia e a paixase entre A Guarda e Redondela

    “Volanteiro no camino” peregrina pola historia e a paixase entre A Guarda e Redondela

    • Posted by prensa
    • Categories Turismo
    • Date 15 July, 2021

    O volanteiro da Asociación Piueiro asucará desde mañá venres a costa para homenaxear o Camiño Portugués. “Volanteiro no Camiño” é unha iniciativa gratuita na que intégranse varias rutas e á que están convidado todos os que o desexen, cun límite de oito a seis persoas por viaxe. A Xunta de Galicia, a través do programa O teu Xacobeo, respalda un proxecto ó que os interesados poden anotarse a través de páxina web https://piueiro.webnode.es/o-teu-xacobeo/

    A Asociación Cultural de Embarcacións Tradicionais Piueiro de A Guarda desenvolverá navegacións no volanteiro polo Camiño Portugués da Costa, repetindo o itinerario polo que os restos do Apóstolo Santiago chegaron a Galicia hai case 2000 anos. Así, realizará varias rutas costeiras desde A Guarda ata Redondela, onde conflúen o camiño polo mar e pola terra, pasando por O Rosal, Oia, Baiona, Nigrán e Vigo. O Piueiro realizará unha navegación a vela totalmente sustentable, na que unicamente se apoiará no motor para facilitar as manobras de atracada e desatraque.

    A idea é promocionar as Rutas Xacobeas por mar, en particular o Camiño Portugués pola Costa, pór en valor e dinamizar o patrimonio marítimo e fluvial de Galicia e Norte de Portugal e crear espazos de encontro entre peregrinos/as e a poboación local. Engadindo unha perspectiva de gran importancia tanto para a asociación como para o propio Xacobeo: reivindicar o papel protagonista da muller no mundo do mar a través dunha tripulación maioritariamente feminina, que percorrerá unha das rutas sinaladas.

    A travesía permitirá descubrir a navegación a bordo dun volanteiro guardés e a cultura mariñeira transmitida pola propia embarcación e polos seus tripulantes, en parte mariñeiros xubilados do porto de A Guarda. Todos eles recibieron nos últimos meses a formación necesaria en Interpretación do Patrimonio para ofrecer información aos viaxeiros ao longo das rutas.

    Un elemento fundamental do proxecto é un mapa que, entre outros agasallos conmemorativos, recibirán todos os participantes e que achegará unha visión do Camiño Portugués pola Costa desde o mar, destacando bens patrimoniais e naturais como: o Monte Santa Trega, o espazo Natural Esteiro do Miño (Rede Natura 2000), o Mosteiro de Oia, os petroglifos Auga dos Cebros (embarcación fenicia), a Fortaleza Monterreal, o Parque Nacional das Illas Atlánticas, o Monte do Castro, o Centro de Interpretación da Batalla de Rande ou a Illa de San Simón.

    “Volanteiro no camiño” persegue tamén vincular o mar e a poesía, polo que o mapa incluirá unha seleción de poemas de Rosalía de Castro sobre o mar. E xa no mes de setembro coma colofón á iniciativa, protagonizará un recital poético na Guarda. Este pequeno concello de 3.000 habitantes será o punto neurálxico dos roteiros pola súa riqueza. Ademais do extraordinario Mosteiro de Santa María de Oia, na zona pódense visitar as Mámoas da Serra da Groba; os gravados rupestres de Auga dos Cebros, onde se atopan as únicas embarcacións debuxadas en petroglifos galegos; castros como o da Cabeciña; ou os restos das salinas romanas de Mougás e Viladesuso.

    Á presentación dos roteiros asistiron este mediodía o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, e o xefe de Turismo da Delegación da Xunta en Pontevedra, Felipe Ferrero.

    Declaracións:

    Felipe Ferrero: “O programa O teu Xacobeo, que creou a Vicepresidencia primeira da Xunta de Galicia, considera fundamental que todas estas asociacións se incorporen ao Xacobeo con actuacións que revitalizan o patrimonio, a cultura e todo tipo de actividades que potencien o territorio galego. Esta iniciativa potenciará a roteiro do Camiño Portugués pola Costa pola costa desde unha nova vertente. É dicir, desde o mar, algo que nunca se fixo antes e que complementa á perfección coa recuperación do patrimonio mariñeiro dá Vila da Guarda..

    Antonio Lomba: “O Piueiro é para nós un símbolo que eu creo que para A Guarda va máis aló da mariña e paréceme unha iniciativa fantástica que o Xacobeo e O Piueiro convenien para facer estas travesías nunca barco tan tradicional como o volanteiro porque para a xente que ven a Galicia vai a supoñer unha experiencia marabillosa e inesquecible”.

    Rutas de navegación:

    •Ruta 1: O Mar Xacobeo na Guarda.
    Saída dende A Guarda e chegada na Guarda, navegación pola costa da Guarda duns 50′.
    Datas: 16 (17:00 e 19:00 horas) e 17 e 18 xullo (10:00h , 12:00, 17:00 y 19:00 horas). Haberá un total de 14 saídas.
    •Ruta 2: A Guarda a Oia.
    Saída dende A Guarda e chegada a Oia, navegación que pasa polos concellos de A Guarda, O Rosal e Oia. Duración aproximada de 150′.
    Data: 20 de xullo ás 10:00 horas.
    •Ruta 3: Oia/ A Guarda.
    Saída dende Oia que pasa polos concellos de Oia, O Rosal e A Guarda. Duración aproximada de 150′.
    Data: 20 de xullo ás 12:00 horas.
    •Ruta 4 A Guarda-Baiona/A Guarda
    Data: 28 de xullo con saída as 9:00 horas dende A Guarda e ás 16:00 dende Baiona.
    •Ruta 5: A Guarda/A Guarda
    Saída e chegada a A Guarda, navegación pola costa da Guarda duns 50′.
    Datas 30 é 31 xullo (17:00 horas e 19:00 horas).
    •Rutas 6 y 7: Vigo (LiCeo Marítimo de Bouzas) /Redondela (Museo de Rande)
    Datas: 19 xullo e 20 e 21 de agosto (10:00 h e 15:30 horas dende Vigo e 12:00 e 17:30 dende Redondela).

    Tag:A Guarda, Camiño de Santiago, piueiro, turismo

    • Share:
    prensa

    Previous post

    Concello e Deputación seguen traballando para facer realidade o acceso sur do porto da Guarda
    15 July, 2021

    Next post

    A praia do Muíño xa luce o distintivo de Bandeira Azul
    16 July, 2021

    You may also like

    • As visitas guiadas gratuítas polo Castro de Santa Trega retómanse pola primavera
      13 May, 2026
    • Aprazamento da andaina a Lousame para o sábado 23 de maio
      8 May, 2026
    • O Concello colabora coa saída cultural por Chantada e Lugo para o sábado 18 de abril
      1 April, 2026

    Search

    Categories

    • General
    • Highways and works
    • Tourism
    • Uncategorized
    • Women

    Rebulindo

    • Móvete (Actividade física)
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion (Formación)
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    MOBILE APP

    You can download the official app of the town hall of A Guarda for:

    A Guarda IOS application
    A Guarda Android application

    Council

    • Write to the Mayor
    • Schedules of Interest
    • Sede Electrónica
    • Whistleblowing channel

    Información

    • Associations and Groups
    • Phones of interest
    • Emergency Pharmacy

    Recommended

    • Events
    • News

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Legal notice
    • Política de cookies
    • Privacy Policy