Xa están dispoñibles as bases para o Desfile de Entroido 2023 da Guarda
- O desfile celebrarase na tarde do martes 21 de febreiro, mantendo o formato para Comparsas, Carrozas e Grupos
O martes día 31 de xaneiro foron publicadas as bases que rexerán o Desfile do Martes de Entroido 2023, que como cada ano partirá da rúa Porto Rico ás 17:30h. continuando o seu percorrido pola Rúa Galicia ata a Alameda.
Os interesados en participar no desfile poderán inscribirse a partir do vindeiro martes día 7 de febreiro e ata o luns 13 de febreiro nas categorías de Carroza, Comparsa ou Grupo. A inscrición realizarase no Rexistro do Concello ou a través da sede electrónica.
Os participantes poderán optar a compensación económica segundo a orde de inscrición nas diferentes categorías:
CATEGORÍAS
Descrición | AXUDA DIRECTA Á PARTICIPACIÓN | |
CARROZA | Grupo mínimo 6 persoas enriba dun ou varios móbiles representando unha temática común. | 290€* |
COMPARSA | Grupo mínimo de 10 persoas que representen con acompañamento musical | 230* |
GRUPO | Composto por un mínimo de 4 e un máximo de 9 persoas | 100* |
* Terán dereito ó cobro desta axuda económica as 10 primeiras carrozas ou comparsas que se inscriban, así como os 6 primeiros grupos. Ou en calquera caso ata esgotamento do crédito |
Tag:A Guarda, Bases, desfile de entroido, Entroido