(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Login with your site account

No apps configured. Please contact your administrator.
Lost your password?

  • Galician
  • English
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Search

    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups
    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups

    Cultura

    • Home
    • Cultura
    • A XI Feira do Libro enche a Praza do Reló con libros, música e actividades lúdicas

    A XI Feira do Libro enche a Praza do Reló con libros, música e actividades lúdicas

    • Posted by prensa
    • Categories Cultura
    • Date 22 May, 2018
    As librarías participantes, ledas polo resultado da xornada, venderon preto de 500 exemplares.

    A tradicional Feira do Libro da Guarda pechou o pasado domingo, 20 de maio, a súa undécima edición cun agradable sabor a éxito. As librerías participantes (Atlántica, Ler, Cervantes e Ideas) venderon preto de medio millar de obras -especialmente, novela e literatura infantil e xuvenil- durante a xornada, que comezou ás 11:00 e rematou pasadas ás 20:00 h nunha Praza do Reló en constante movemento.

    Centos de persoas achegáronse á feira, non só para mercar libros, senón tamén para participar nas numerosas actividades programadas como complementos á festa literaria. Así, pequenos/as e maiores congregáronse fronte á casa do concello para gozar dos obradoiros infantís dirixidos durante a mañá polo alumnado do curso de monitor/a de tempo libre organizado polo Concello da Guarda. Un bo número de cativos, cativas e tamén adultos animáronse a elaborar marcapáxinas, selos estampables e cadernos personalizados que levaron consigo de lembranza.

    O grupo Low Bay Hot Band amenizou o mediodía co seu hot jazz, do que gozou o variado público, namentres xa pola tarde retornaron as actividades familiares coa oferta de xogos de mesa de Brazolinda. Decenas de persoas ocuparon as mesas dispostas da praza para facer uso dos orixinais xogos, todos eles en galego e aptos para crianzas a partir dun ano. A actividade, inicialmente programada para ser celebrada entre as 16:30 e as 18:30 h, estendeuse ata ben entradas as 20:00 h, dado o seu grande éxito entre o público. Tamén cunha excelente acollida, o grupo Mamá Cabra e a súa música infantil tomaron a praza para ofrecer un concerto ante decenas de asistentes -especialmente, cativos e cativas coas súas familias- que gozaron do espectáculo e mesmo se animaron a bailar.

      Ao remate da xornada, realizouse o sorteo de tres lotes de libros, camisetas, obras de María Victoria Moreno e outros agasallos de Mamá cabra e David Regueiro (de Low Bay Hot Band) entre aquelas persoas que tiñan mercado algún libro na Feira. A persoa posuidora do boleto número 2281 poderá recoller o seu agasallo no departamento de Cultura do Concello da Guarda entre as 9:00 e as 15:00 horas ao longo desta semana.

      Boletos premiados:
      2222 – Emitido pola libraría Ideas (recollido)
      2401 – Emitido pola libraría Cervantes (recollido)
      2281 – Emitido pola libraría Ideas (pendente)

      Tag:Feira do Libro

      • Share:
      prensa

      Previous post

      Horario semanal do transbordador A Guarda – Caminha do martes 22 ao domingo 27 de maio
      22 May, 2018

      Next post

      A Deputación subvenciona unha aplicación para a xestión informática do padrón
      23 May, 2018

      You may also like

      • O espectáculo ‘Enredada’ de Leti da Taberna pecha o ciclo Ven ao teatro da Guarda
        16 January, 2026
      • A Guarda prepara a súa primeira saída cultural para a obra “Memorias dun neno labrego”
        7 January, 2026
      • Os Reis Magos visitan A Guarda o próximo luns 5
        2 January, 2026

      Search

      Categories

      • General
      • Highways and works
      • Tourism
      • Uncategorized
      • Women

      Rebulindo

      • Móvete (Actividade física)
      • Lemos Xuntos?
      • Dalle ó Play
      • Coñece a vila!
      • A vida é xogo
      • Acion (Formación)
      Logo Concello de A Guarda

      (+34) 986 610 000

      (+34) 986 610 283

      alcaldia@aguarda.es

      MOBILE APP

      You can download the official app of the town hall of A Guarda for:

      A Guarda IOS application
      A Guarda Android application

      Council

      • Write to the Mayor
      • Schedules of Interest
      • Sede Electrónica

      Información

      • Associations and Groups
      • Phones of interest
      • Emergency Pharmacy

      Recommended

      • Events
      • News

      © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

      • Legal notice
      • Política de cookies
      • Privacy Policy