Xornada de micoloxía organizada pola OMIX do Concello da Guarda
O 12 de novembro terá lugar na Guarda unha xornada de micoloxía organizada pola Concellería de Xuventude. Nesta xornada aprenderemos a ecoloxía dos fungos, un mundo cheo de curiosidades sobre uns organismos fundamentais para o funcionamento dos ecosistemas.
O 12 de novembro terá lugar na Guarda unha xornada de micoloxía organizada pola Concellería de Xuventude. Nesta xornada aprenderemos a ecoloxía dos fungos, un mundo cheo de curiosidades sobre uns organismos fundamentais para o funcionamento dos ecosistemas. Ademais iniciarémonos no proceso de identificación de cogomelos; os froitos dalgúns fungos. Ante todo aprenderemos a respectar estes organismos e a actuar de forma responsable no caso de que esteamos interesados na súa recolección.
A xornada estará dividida en dúas partes: pola mañá terá lugar a parte expositiva a partir das 10 da mañá e pola tarde levarase a cabo unha saída ao monte co fin de exemplificar mellor a procura de setas.
As prazas son limitadas polo que a inscrición será na OMIX ou ben a través do seu e-mail informacion@aguarda.es ou no teléfono 986 614 546.