(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Login with your site account

No apps configured. Please contact your administrator.
Lost your password?

  • Galician
  • English
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Search

    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups
    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups

    Xerais

    • Home
    • Xerais
    • Zona Franca aborda un plan estratéxico para o sector hortofrutícola de Tomiño, A Guarda e O Rosal

    Zona Franca aborda un plan estratéxico para o sector hortofrutícola de Tomiño, A Guarda e O Rosal

    • Posted by prensa
    • Categories Xerais
    • Date 16 November, 2021
    • O delegado do Estado, David Regades, asinou un protocolo coa alcaldesa de Tomiño, Sandra González; o alcalde de A Guarda, Antonio Lomba; e a alcaldesa de O Rosal, Ánxela Fernández, en Viveiros O Toxal para analizar o sector no Baixo Miño

    Zona Franca realizará un plan estratéxico para o sector hortofrutícola do Baixo Miño para contribuir a unha mellora da competitividade dese entorno. Para elo o delegado do Estado no Consorcio da Zona Franca de Vigo, David Regades, asinou un protocolo coa coa alcaldesa de Tomiño, Sandra González; o alcalde de A Guarda, Antonio Lomba; e a alcaldesa de O Rosal, Ánxela Fernández, na empresa O Toxal. O plan será participativo e contará coas opinións e aportacións do sector e axentes da comarca.

    O delegado do Estado, David Regades, explicou que “un dos ámbitos de actuación do Consorcio é a análise da actividade económica para establecer os mecanismos necesarios para a toma de decisións e a mellora da competitividade do entorno, o crecemento económico e a xeración de emprego e no Baixo Miño o sector hortofrutícola é clave”. Lembrou que “a pandemia acelerou a transición a un novo paradigma económico e social, que creará novas oportunidades”.

    A alcaldesa de Tomiño expresou que “a realización deste plan estratéxico é unha ferramenta imprescindible para planificar o futuro do agro na comarca. Será unha foto fixa de onde estamos e unha previsión fundamentada de a onde quere chegar o sector agrícola”.

    O alcalde de A Guarda asegurou que “o compromiso expresado por Zona Franca con este plan estratéxico para o Baixo Miño servirá para ter a presenza dunha das entidades de referencia do mundo empresarial no noso territorio. Confiamos que consiga xerar novas oportunidades, dinamizar a economía, crear emprego e fixar poboación”.

    A alcaldesa de O Rosal, Ánxela Fernández, destacou o papel do sector como “o noso motor” e subliñou que “esta é a clave para desenvolver o noso tecido empresarial no futuro”.

    Con estes obxectivos asinouse o protocolo para a elaboración dun plan estratéxico para o sector hortofrutícola, que incluirá un exhaustivo diagnóstico sectorial, os obxectivos estratéxicos e unha folla de ruta con actuacións específicas, claras e realistas para a mellora da competitividade da actividade hortofrutícola que repercuta no desenvolvemento económico da comarca e a calidades de vida dos seus habitantes. No acto da firma tamén estivo presente unha representante da consultora Auren, que inicia xa os estudos para o plan e terá resultados dentro dun ano.

    O que se busca é directrices para un proxecto a longo prazo, facilitar a transformación e o cambio cara ó futuro, con especial atención á fixación de poboación na comarca, aproveitar as sinerxías e o potencial de internacionalización do sector, baseados no seu carácter transfronteirizo, así como as posibilidades de colaboración público-privada neste eixo, definir actuacións específicas que supoñan un impulso definitivo para o crecemento e a competitividade do sector hortofrutícola, articular liñas de actuación acordes coa Estratexia Española de Desenvolvemento Sostible, Axenda 2030 e a posta en valor da actividade hortofrutícola da comarca.

    O plan estratéxico ten sete fases: diagnóstico estratéxico, workshops, estudio de casos de éxito, marcar as liñas estratéxicas para o sector hortofrutícola, plan operativo, propostas de colaboración e instrumentos públicos de axuda e finalmente a monitorización.
    Comezará có diagnóstico, unha análise profunda da situación socioeconómica da actividade, que sintetizarase nunha matriz DAFO (debilidades, ameazas, fortalezas e oportunidades). A continuación organizaranse os workshops, reunións de axentes do sector e institucionais en xornadas orientadas a fomentar un proceso participativo e a recompilación de opinións, percepcións e ideas de axentes e entidades público-privadas relevantes sobre a situación actual e os retos futuros.
    Tamén se levará a cabo un estudio de casos de éxito que tiveran resultados notábeis a nivel nacional ou internacional e que poidan resultar referentes inspiradores.

    O plan operativo conterá un desglose detallado, específico e realista de accións, actuacións einstrumentos a implementar e haberá unha folla de ruta para posibles colaboracións no ámbito institucional e empresarial público-privado. Finalmente unha formulación dunha batería de indicadores que faciliten a avaliación e seguimento periódico das accións emprendidas e permita a toma de decisións e establecemento de medidas correctoras.

    Tag:A Guarda, baixomiño, plan estratéxico, zona franca

    • Share:
    prensa

    Previous post

    O Trail do Trega cumpre a súa oitava edición dando un paso máis cara “á normalidade”
    16 November, 2021

    Next post

    A Guarda recibirá da Deputación máis de seiscentos mil euros para a reforma e ampliación do pavillón da Sangriña
    17 November, 2021

    You may also like

    • Suspéndese a actividade deportiva exterior pola alerta laranxa
      5 November, 2025
    • O martes ábrense as citas para renovar pasaporte e DNI na Guarda
      25 September, 2025
    • A unidade móbil de ADOS volve esta semana á Guarda
      22 September, 2025

    Search

    Categories

    • General
    • Highways and works
    • Tourism
    • Uncategorized
    • Women

    Rebulindo

    • Móvete (Actividade física)
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion (Formación)
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    MOBILE APP

    You can download the official app of the town hall of A Guarda for:

    A Guarda IOS application
    A Guarda Android application

    Council

    • Write to the Mayor
    • Schedules of Interest
    • Sede Electrónica

    Información

    • Associations and Groups
    • Phones of interest
    • Emergency Pharmacy

    Recommended

    • Events
    • News

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Legal notice
    • Política de cookies
    • Privacy Policy