O SÁBADO CELÉBRASE O XXVIII ENCONTRO INTERNACIONAL DE CORAIS DA RIBEIRA DO RÍO MIÑO NO AUDITORIO DE SAN BIEITO
Participan sete coros de España e Portugal.
A Agrupación Coral Polifónica da Guarda, coa colaboración do Concello, organizan este sábado o “XXVIII Encontro Internacional de Corais da Ribeira do Río Miño” no Auditorio de San Bieito.
Este evento internacional, que contará con sete coros tanto de España como de Portugal, se celebrará o sábado 18 de xullo ás 21 horas.
Na celebración participa a Coral Polifónica de Tomiño, a Coral centro artístico sportivo de Ponteareas, a Agrupación Coral Polifónica da Guarda, a Coral Polifónica de S. Teotónio de Valença, a Coral Polifónica de Verdoejo, a Orfeâo de Vila Praia de Âncora e a Coral Polifónica de Vila Nova de Cerveira.
Como en anteriores edicións espérase que sexan moitos os veciños e veciñas da Guarda, e tamén de moitos e diversos puntos da xeografía española e portuguesa, os que se acheguen o auditorio guardés para gozar deste espectáculo.