A Guarda organiza “Encontros en familia”
- En total serán 7 encontros, o primeiro deles o martes 13 de xuño.
O martes día 13 de xuño de 2023 a Casa dos Alonsos da Guarda acollerá a primeira sesión de Encontros en familia. Unha nova proposta do Servizo de educación e apoio familiar (SEAF) que pretende achegar á cidadanía temas actuais que inviten ao debate e a reflexión sobre o papel da familia na sociedade actual e ao mesmo tempo ofrecer recomendacións e orientacións prácticas ás familias, profesionais da educación e coidadores. O obxectivo destes encontros é fortalecer as súas capacidades e habilidades parentais e de crianza, ofrecendo pautas positivas para consolidar os vínculos familiares e garantir a protección integral das crianzas e adolescentes.
Na organización destes encontros se tivo en conta as preocupacións e demandas das familias e profesionais do ámbito da educación e sanidade que traballan no concello de A Guarda.
En total serán 7 encontros, o primeiro deles o martes 13 de xuño Vivindo a vida desde o presente pretende abordar temas tan importantes como a saúde mental, hábitos saudables e o tempo de ocio e familiar, dirixindo ao público asistente cara a reflexión sobre como modificar a nosa visión de vida pódenos achegar a unha maior calidade.
Este día terá lugar tamén a presentación do ciclo completo de encontros que se retomarán despois do verán cunha periodicidade quincenal e mensual. A duración de cada un será de 90 minutos e estarán dirixidos por Esteban Figueirido, psicólogo especializado en terapia familiar e Beatriz Arroyo, traballadora social clínica, psicoterapeuta e tanatóloga.
PROGRAMA
- SETEMBRO
19.09.23
- “Se estamos ben, eles estarán ben”. Trataremos a influencia da relación que hai entre os proxenitores sobre as/os fillas/os.
- OUTUBRO
10.10.23
- “As condutas autolesivas”. Falaremos sobre prevención e intervención, abordando as condutas que supoñan un risco para a integridade da persoa entre elas o suicidio.
24.10.23
- “O bo uso da tecnoloxía”. Como controlar as últimas tecnoloxías e conseguir que elas non che controlen a ti.
- NOVEMBRO
07.11.23
- “Ruptura de parella”. Moitas perdas e algunhas ganancias.
21.11.23
- “O acoso escolar”. Detección, prevención e intervención familiar.
- DECEMBRO
12.12.23
- “A afectación do duelo ás relaciones familiares”. Ferramentas e comunicación para xestionar o duelo.
Todas as charlas realizaranse os martes na Casa dos Alonsos (planta baixa do Concello) en horario de 19:30h a 21:00h. A entrada é libre ata completar aforo. Para máis información chamar aos teléfonos: 680 197 937 SEAF e 986 614 507 Servizos sociais.
E-mail: educadora@aguarda.es