PRAZAS ESGOTADAS: A Biblioteca Municipal da Guarda acolle un contacontos sensorial para os pequenos da casa
A Biblioteca Pública Municipal da Guarda trae unha sesión de contacontos para bebés e os seus adultos acompañantes. Xuntos compartirán unha nova experiencia da man das palabras, emocións, cancións, lectura e libros.
Todo acompañado de obxectos manipulables para chamar a atención deste público especial, inquieto e ávido de experimentar. A sesión realizarase o sábado 15 de marzo ás 12:00h da mañá na Biblioteca.
A actividade ten prazas limitadas, cun total de 15 nenos e nenas. Cada un deles debe estar acompañado por un só adulto responsable. Para inscribirse, podedes facelo presencialmente na Biblioteca ou a través do teléfono 986 61 18 50 ou do correo aguarda.rbgalicia@eidolocal.es .
As persoas que se queiran apuntar deben indicar o nome e apelidos do neno ou nena, a súa idade e un teléfono de contacto.