O Celta organiza un Clinic durante a Semana Santa na Guarda
A Guarda acolle un dos catro Clinics que o RC Celta organiza fóra da Madroa (Vigo), o único no Baixo Miño e Val Miñor.
Grazas á colaboración co Concello da Guarda e o Sporting Guardés, o campo de fútbol da Sangriña desfrutará desta actividade do luns 14 ao mércores 16 de abril desde as 9:30h ás 14:00h.
A actividade vai dirixida a nenos/as desde a categoría de pre-banxamín ata infantil e xa se poden apuntar na seguinte dirección: https://rccelta.es/gl/fundacion/formacion/clinics/ .
O prezo da actividade sitúase nos 82,50€, mais aquela rapazada federada do Sporting Guardés ou que conta co Carné Celtista terá un desconto do 10%. Nesta cota, inclúese merenda e a bolsa celtista como agasallo final.
Estes campamentos queren seguir fortalecendo as habilidades futbolísticas da rapazada, pero ao mesmo tempo con moita diversión e entretemento como debe corresponder ás épocas vacacionais.