A escola de baile Attitude celebra o seu festival de Nadal
Este domingo 21 de decembro, a escola de baile Attitude presenta o seu Festival de Nadal en colaboración co Concello da Guarda.
O festival contará coas actuacións dos grupos que conforman Attitude, pero tamén con coreografías sorpresa de escolas invitadas. Ademais, o público desfrutará de música, da realización de sorteos e de servizo de cantina.
As actuacións darán comezo o domingo 21 ás 18:00h no pavillón municipal da Sangriña.



