O alcalde da Guarda visita ás novas xerentes de Herrajes Martínez SL.
O alcalde da Guarda, Roberto Carrero, continúa coa campaña de promoción dos novos establecementos e xerencias na Guarda mediante visitas e difusión das súas actividades, dando o seu apoio.
Hai uns días visitou o centro de Herrajes Martínez SL, cuxa nova xerencia estará en mans de Monica e Leticia Martínez.
Dedícanse á fabricación de ferraxes para carpintería metálica, aluminio, ferro e inoxidable. Son un dos principais maioristas en España, realizando tamén vendas ao veciño Portugal.
Herrajes Martínez SL comezou en 1980 cos irmáns Luis e Manuel Martínez Peniza. E tras 45 anos, delegan na seguinte xeración o negocio familiar co orgullo que continúen para o seu crecemento e modernización.
Mónica e Leticia creceron nesta fábrica e están moi orgullosas de herdala e poñer todos os seus coñecementos para o futuro da súa empresa.
O alcalde felicitounos por ser “un exemplo de negocio familiar chega á seguinte xeración con novas ideas, demostrando o respecto polo que se herda na busca da súa mellora”.
Moita sorte a Herrajes Martínez SL na súa nova etapa!



