As visitas guiadas gratuítas polo Castro de Santa Trega retómanse pola primavera
Pola primavera volven as visitas guiadas ao Castro de Santa Trega, organizadas polo Patronato do Monte Santa Trega. Estas visitas non precisan reserva e son gratuítas. Aquelas persoas que accedan en vehículo terán que abonar a taxa correspondiente.
Como punto de encontro para o comezo é o aparcamento da Casa Forestal, xusto despois de pasar a zona do castro pola estrada. Durante 45 minutos as persoas asistentes aprenderán sobre a historia do castro e da vida dos seus habitantes. A visita céntrase no valor arqueolóxico da zona escavada do Castro, nun percorrido de menos dun kilómetro que inclúe o Barrio da Mergelina e as viviendas reconstruídas.
Ata o próximo domingo 21 de xuño, haberá vistas nas fin de semana, con catro sesións os sábados: dúas en horario de mañá, ás 11:00h e ás 12:30h; e dúas pola tarde, ás 16:30h e ás 18:00h. O domingo só se realizaran as visitas en horario de mañá. A partir do 23 de xuño, intensificaranse as visitas guiadas co comezo do verán.
Durante a semana realizaranse saídas cos grupos organizados como excursións escolares, de asociacións…e que poden contactar no 690 017 038.
Estas visitas pódense completar coa visita ao MASAT (Museo Arqueolóxico Santa Trega) na cima do monte, así como coa visita á capela ou cun percorrido ás sendas de sendeirismo e aos miradoiros de 360º que ofrece o monte.
Para máis información pódese contactar co MASAT en masat@aguarda.es ou no teléfono 690 017 038.



