(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Login with your site account

No apps configured. Please contact your administrator.
Lost your password?

  • Galician
  • English
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Search

    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups
    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups

    Deporte

    • Home
    • Deporte
    • O Concello da Guarda recibirá mañá oficialmente ao Mecalia Atlético Guardés tras proclamarse Campioas de Europa

    O Concello da Guarda recibirá mañá oficialmente ao Mecalia Atlético Guardés tras proclamarse Campioas de Europa

    • Posted by prensa
    • Categories Deporte
    • Date 27 May, 2026

    O Concello da Guarda celebrará mañá, mércores 28 de maio ás 20:30 horas, unha recepción oficial ao equipo feminino do Mecalia Atlético Guardés, actual conxunto da División de Honra Feminina de balonmán, tras facer historia no deporte galego este pasado domingo ao proclamarse Campioas de Europa da EHF European Cup.

    O equipo guardés acadou este fito histórico despois de vencer ao MSK IUVENTA Michalovce na gran final continental, culminando ademais unha competición impecable na que permaneceron invictas durante todo o torneo.

    O acto dará comezo ás 19:15 horas coa saída do autobús desde o pavillón municipal, iniciando un percorrido polas principais rúas da vila para compartir este éxito histórico coa veciñanza guardesa.

    A ruta prevista será a seguinte: Paseo de Portugal, rúa Julia Vaquero, rúa Galicia e rúa Puerto Rico ata O Gallo, onde o autobús realizará unha primeira parada. Nese punto, as xogadoras baixarán para dirixirse á igrexa e realizar unha ofrenda floral.

    Posteriormente, o percorrido continuará por rúa Galicia, Baiona, Rosalía de Castro, Coruña, Ourense, Praza Avelino Vicente, Manuel Álvarez, Circunvalación e San Caetano, regresando de novo por Circunvalación, Manuel Álvarez, Concepción Arenal e rúa Puerto ata a rotonda, onde se realizará unha nova parada.

    Finalmente, o autobús retomará o traxecto por rúa Puerto, Concepción Arenal, Domínguez Fontela, Galicia e Puerto Rico ata O Gallo, onde as xogadoras descenderán para realizar a pé o último tramo ata a Casa do Concello, lugar ao que está prevista a chegada arredor das 20:30 horas.

    Na Casa do Concello, o equipo será recibido polas autoridades municipais e, tras un breve acto de homenaxe institucional, as xogadoras sairán ao balcón da casa consistorial para saudar a todas as persoas asistentes e compartir coa afección este histórico triunfo para o deporte guardés e galego.

    Ademais, tamén se renderá homenaxe ao Mecalia Atlético Guardés Cadete Feminino, que participarán igualmente no percorrido en autobús. O equipo vén de completar unha tempada histórica tras proclamarse campioas da Liga Ouro, máxima competición galega da categoría, un logro sen precedentes na historia da base do club.

    As cadetes tamén estiveron moi preto de acceder á fase final nacional, competindo esta pasada fin de semana como equipo anfitrión da Fase Zonal do Sector Nacional do Campionato de España Cadete Feminino, celebrada no pavillón municipal da Sangriña, consolidando así o excelente momento deportivo que atravesa a canteira do club.

    O Concello da Guarda anima a toda a veciñanza a participar nesta recepción e a acompañar aos equipos nunha xornada histórica para o deporte local e para toda a vila da Guarda.

    • Share:
    prensa

    Previous post

    O festival "A Guarda Clásica" pecha a súa programación co quinteto de metais da Orquesta Vigo 430
    27 May, 2026

    You may also like

    • Pantalla xigante EHF European Cup
      Pantalla xigante no Pavillón da Sangriña para animar ao Mecalia Atlético Guardés na final da EHF European Cup
      13 May, 2026
    • Pantalla xigante no pavillón da Sangriña para animar na final da Copa da Raíña
      9 May, 2026
    • A Guarda celebra o III Torneo Internacional de Judo Infantil Santa Trega
      30 April, 2026

    Search

    Categories

    • General
    • Highways and works
    • Tourism
    • Uncategorized
    • Women

    Rebulindo

    • Móvete (Actividade física)
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion (Formación)
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    MOBILE APP

    You can download the official app of the town hall of A Guarda for:

    A Guarda IOS application
    A Guarda Android application

    Council

    • Write to the Mayor
    • Schedules of Interest
    • Sede Electrónica
    • Whistleblowing channel

    Información

    • Associations and Groups
    • Phones of interest
    • Emergency Pharmacy

    Recommended

    • Events
    • News

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Legal notice
    • Política de cookies
    • Privacy Policy