O alcalde da Guarda, Roberto Carrero, visita o salón de peiteado “Maylacor” dentro da campaña de apoio ao comercio local
O alcalde da Guarda, Roberto Carrero, continúa visitando os distintos negocios do municipio que abren as súas portas ou asumen unha nova xerencia para coñecer de primeira man os proxectos empresariais que contribúen a dinamizar a economía local e fortalecer o tecido comercial da vila.
Nesta ocasión visitou o salón de peiteado Maylacor, situada na rúa Joaquín Alonso, 6, un establecemento que inicia unha nova etapa baixo a xerencia de Olga Lomba Núñez.
Olga fixo desta profesión a súa gran paixón desde os 16 anos e sempre tivo como ilusión contar cun negocio propio. Co paso dos anos foi adquirindo experiencia no sector ata converter ese soño nunha realidade. Durante os últimos anos compartiu a xerencia de Maylacor coa súa compañeira Paula, quen decidiu emprender un novo camiño profesional fóra do ámbito do salón de peiteado, aínda que ambas continúan mantendo unha excelente relación persoal.
Maylacor ofrece un amplo abano de servizos para o coidado persoal, entre os que se atopan cortes de pelo, peiteados, recollidos, manicuras e pedicuras, tratamentos corporais, servizos de depilación e de eliminación de tatuaxes con láser.
Coa súa nova etapa á fronte do negocio, Olga busca ofrecer un servizo de máxima calidade baseado nun trato próximo e personalizado. O seu obxectivo é crear un espazo de confianza onde cada cliente poida sentirse cómodo, desconectar da rutina diaria e dedicarse un momento para si mesmo.
Durante a visita, o alcalde da Guarda felicitou a Olga por asumir a xerencia de Maylacor e por continuar apostando pola Guarda como lugar no que desenvolver o seu proxecto profesional. Roberto Carrero destacou a importancia de apoiar aos negocios locais que contribúen a dinamizar a economía do municipio e a ofrecer servizos de proximidade á veciñanza.
Desexámoslle moita sorte a Olga nesta nova etapa á fronte de Maylacor!



