(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Login with your site account

No apps configured. Please contact your administrator.
Lost your password?

  • Galician
  • English
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Search

    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups
    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups

    Deporte

    • Home
    • Deporte
    • A Agrupación Deportiva Baixo Miño presentou a proba de Campo a través no Concello da Guarda

    A Agrupación Deportiva Baixo Miño presentou a proba de Campo a través no Concello da Guarda

    • Posted by Concello
    • Categories Deporte
    • Date 22 November, 2016

    O Salón de Plenos do Concello da Guarda acolleu este martes 22 de novembro, ás 10’30 horas, a presentación da carreira “Campo a través de A Guarda”.

    O Salón de Plenos do Concello da Guarda acolleu este martes 22 de novembro, ás 10’30 horas, a presentación da carreira “Campo a través de A Guarda”. Esta carreira está organizada pola Agrupación Deportiva Baixo Miño en colaboración co concello da Guarda e se celebrará o sábado 26 de novembro ás 10’30 horas no recinto do Cámping Santa Tecla, en Salcidos (A Guarda).

     

    Á presentación ante os medios de comunicación desta proba, dirixida a alumnos/as de colexios e clubs deportivos da comarca, acudiron o alcalde da Guarda, Antonio Lomba; o presidente da Agrupación Deportiva Baixo Miño, Alfonso Lorenzo; o xefe de Servizo da Secretaría de Deporte en Pontevedra, Daniel Benavides e o Xerente do Cámping Santa Tecla, José Coello.

     

    O alcalde, ademais de agradecer aos organizadores e colaboradores da proba alí presentes, quixo destacar que “un ano máis A Guarda é sede dun campionato de atletismo”. Coa colaboración nestes eventos A Guarda quere deixa patente que unha das principais preocupacións do concello é apoiar ó deporte base e promocionar que todo o mundo, dende os máis cativos ata á xente maior, teña acceso ó deporte. Tamén aproveitou o acto para felicitar a Lete Lasa, designado novo presidente do Consejo Superior de Deportes.

     

    Tras as palabras do alcalde, Alfonso Lorenzo informou das principais características da proba e da labor da Agrupación, que trata de promover estas iniciativas nos concellos de Salceda, Tui, Tomiño, O Rosal e A Guarda. Nesta proba participan nenos e nenas destes lugares, que percorrerán diferentes distancias segundo as categorías por idades. As distancias van dende os 600 ata os 2.300 metros e se realizarán en circuítos trazados dentro do Cámping, do que quixo destacar o bo estado do terreo e as estupendas instalacións.

     

    Pola súa banda Benavides felicitou á Agrupación Deportiva Baixo Miño pola súa tarefa como docentes e por terse convertido nun referente para as demais agrupacións xa non só na provincia, senón en toda Galicia, polo seu saber facer.

     

    Polo momento hai 300 participantes inscritos, pero dende a organización esperan que a cifra final ronde os 400 ou 500 corredores. Todos aqueles que desexen inscribirse poden facelo ata o xoves 24 na web http://www.agrudebam.es/. Dende o Concello anímase a todos os rapaces e rapazas da vila a participar dunha xornada de deporte e máis tendo en conta as previsións de que a meteoroloxía acompañe e se poda desfrutar dun soleado día.

    • Share:
    Concello

    Previous post

    O Centro de Interpretación do Castelo de Santa Cruz conta con tres novas audioguías, financiadas pola Unión Europea a través de Feader
    22 November, 2016

    Next post

    O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade entregou os premios do concurso Imaxes con Fondo III
    11 January, 2017

    Search

    Categories

    • General
    • Highways and works
    • Tourism
    • Uncategorized
    • Women

    Rebulindo

    • Móvete (Actividade física)
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion (Formación)
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    MOBILE APP

    You can download the official app of the town hall of A Guarda for:

    A Guarda IOS application
    A Guarda Android application

    Council

    • Write to the Mayor
    • Schedules of Interest
    • Sede Electrónica
    • Whistleblowing channel

    Información

    • Associations and Groups
    • Phones of interest
    • Emergency Pharmacy

    Recommended

    • Events
    • News

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Legal notice
    • Política de cookies
    • Privacy Policy