A Fonte dos Campos volve a botar auga
O concello da Guarda acaba de rematar unha actuación de recuperación do patrimonio histórico-cultural da vila a través dunha subvención da Deputación de Pontevedra que adicou á rehabilitación da Fonte dos Campos, situada no cruce entre a rúa Calvario e a rúa da Guía; e o Lavadoiro de Regudíns, na parroquia da Gándara.
O concello da Guarda acaba de rematar unha actuación de recuperación do patrimonio histórico-cultural da vila a través dunha subvención da Deputación de Pontevedra que adicou á rehabilitación da Fonte dos Campos, situada no cruce entre a rúa Calvario e a rúa da Guía; e o Lavadoiro de Regudíns, na parroquia da Gándara. O orzamento destas actuacións ascendeu a 6.757,83 €.
A dos Campos é unha fonte tradicional de dous canos que contaba con fronte de pedra e unha pila do mesmo material que no pasado sufrira unha reparación desafortunada e dende fai moitos anos non botaba auga. A actuación neste elemento patrimonial tiña por obxecto a recuperación, por un lado da parte física da fonte, para o que foi necesario tallar unha nova base e, por outro, debía volver a cumprir a súa función.
Esta fonte atópase no Camiño de Santiago pola Costa, o que fai que nestes momentos ademais de servir auga aos veciños, pode ser punto de avituallamento dos peregrinos.
No caso do Lavadoiro da Gándara fixéronse tarefas de mantemento que consistiron na limpeza e rexunte do conxunto para adecentalo, así como a reparación da cuberta. Aínda que hoxe en día os lavadoiros e fontes non se utilizan como en tempos pasados, é unha obriga de todos manter estes elementos etnográficos que forman parte do patrimonio de todos os guardeses e guardesas.