A Gándara celebra este venres a súa XXXVI Festa da Zorza
A XXXVI Festa da Zorza celébrase este venres 20 na Gándara. A partir das 6 da tarde xa se poderá degustar as primeiras racións de zorza.
Como é habitual a ración de zorza inclúe pan e unha bebida (auga ou cunca de viño) e terá un prezo popular. Ao rematar, haberá queimada co seu conxuro correspondente.
Ademais, non vos preocupedes pola chuvia, pois o recinto está cuberto cunha carpa.