A XXII Carreira Julia Vaquero volveu contar coa participación da homenaxeada
O sábado tivo lugar na Gándara a XXII Carreira Pedestre Popular Julia Vaquero. A propia homenaxeada participou nesta carreira, onde puidemos ver a corredores e corredoras de moi diferentes idades.
Nas categorías dos máis pequenos, todos os participantes levaron unha medalla polo seu esforzo. Xa nas categorías superiores, houbo medalla para o segundo e terceiro posto, mentres que o primeiro posto levou un trofeo e unha rosca de agasallo.
Ademais, houbo tempo para un especial recoñecemento para Julia Vaquero, a quen lle foi entregado un ramo de flores. Ela, acadou a segunda posición na categoría feminina G (de 1968 a 1982).