A Guarda abre a posibilidade a unha área de autocaravanas
Hai unhas semanas, o alcalde da Guarda, Roberto Carrero, e o concelleiro de Infraestruturas, Isidro Lomba, reuníronse coa xunta directiva da Asociación Galega de Autocaravanas (AGA).
Na reunión, estudouse a posibilidade de instalar unha área de servizo de autocaravanas no lugar da Atalaia e as necesidades da mesma. Mais aló dunha zona de aparcamento e pernoita, habería unha zona de carga e descarga dos depósitos das autocaravanas.