A Guarda acolle accións formativas en novas tecnoloxías para mulleres
A Secretaría Xeral da Igualdade, en colaboración co Centro de Información a Muller do Concello da Guarda, no marco da Rede Emprende en Igualdade está a desenvolver unha serie de actuacións de asesoramento, apoio e formación dirixidas ás mulleres potencialmente emprendedoras, en busca de emprego e con ansias de formarse. O obxectivo destas iniciativa e axudar ás mulleres na posta en marcha ou modernización das súas empresas e na procura de emprego para fomentar a súa adaptabilidade e competitividade no mercado actual.
Neste marco, en 2015 púxose en marcha a terceira edición das accións formativas en novas tecnoloxías. Para o seu desenvolvemento a Secretaría Xeral de Igualdade conta coa colaboración do Colexio profesional de Enxeñería en Informática de Galicia (CPEIG), da Amtega coa posta a disposición da súa rede de aulas CEMIT, e dos concellos onde se van a realizar os cursos.
Na Guarda as datas nas que se realizará este curso serán os días 3, 4, 5 e 6 e 9 de novembro no IES A Sangriña en horario de 16,30 a 20,30 horas. O obradoiro está dirixido a todas as mulleres da comarca e a inscrición pode facerse no propio CIM ou no teléfono 986 61 46 48.