O Concello da Guarda incrementa a dotación de medios para Emerxencias
Recentemente se lle entregou un remolque de emerxencias e nos próximos meses recibirá unha zodiac e un vehículo Pickup
Ó Concello da Guarda, a través das Ordes do 28 de xaneiro de 2015 e de 16 de xullo de 2015 da Vicepresicencia e Consellería da Presidencia, Administracións Públicas e Xustizas, polas que se establecían as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións para a adxudicación de equipamentos de emerxencias, en réxime de concorrencia competitiva para concellos de menos de 50.000 habitantes, financiado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2007-2013, lle foron concedidos un remolque de emerxencias, unha zodiac e un vehículo Pickup.
O Concello da Guarda ten solicitado tamén da Consellería de Medio Rural un camión motobomba cunha capacidade de 3.000 litros de auga para a atención de incendios forestais por parte do GES, xa que, o camión do que dispoñen, independentemente de que xa ten moitos anos e moitas horas de traballo, está concibido para actuacións urbanas e ten tan só unha capacidade de 1.500 litros de auga.
Esperamos, dende o Concello, que este ano a Consellería atenda a nosa demanda e poidamos contar, de forma paulatina, con todo aquel material que dende o Concello resulta moi difícil de conseguir e que, sen embargo, é indispensable para atender adecuadamente as emerxencias.