(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Login with your site account

No apps configured. Please contact your administrator.
Lost your password?

  • Galician
  • English
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Search

    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups
    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups

    Sen categoría

    • Home
    • Sen categoría
    • A Guarda acolleu unha Homenaxe a Xela Arias

    A Guarda acolleu unha Homenaxe a Xela Arias

    • Posted by prensa
    • Categories Sen categoría
    • Date 24 May, 2021

    • Realizouse o pasado sábado día 22 de maio na Praza do Reló e retransmitido tamén por streaming
    • Participaron alumnado e docentes do IES A Sangriña e representantes da Agrupación Cultural Guardesa.

    A concellería de cultura do Concello da Guarda, dentro da completa programación de actividades en torno as nosas letras e entorno á figura homenaxeada este ano, Xela Arias, organizou o pasado sábado día 22 de maio unha homenaxe na que participaron alumnado e docentes do IES A Sangriña e representantes da Agrupación Cultural Guardesa.

    Xela Arias foi mestra no Instituto da Sangriña, e tralo seu falecemento o instituto mantivo viva a súa figura e a súa importancia como poeta convocando durante case unha década o Certame literario Xela Arias, cunha notable participación e calidade nos poemas seleccionados.

    O Concello da Guarda fixo un esforzo por divulgar a figura e a obra desta singular poeta, que cultivou un estilo propio, moi persoal e algo incomprendido polos estándares literarios da súa época. Deste xeito a programación que se está a realizar, está pensada para sacar a súa obra á rúa e captar a atención dos veciños, para os amantes da literatura e tamén para os menos lectores, para que a coñezan e descubran algunhas das composicións que esconden fermosura, misterio, inconformismo…

    Así mesmo e tendo en conta que a vinculación de Xela coa nosa vila ven pola súa docencia no instituto as actividades foron combinadas e ideadas en colaboración co Departamento de Lingua Galega do Instituto da Sangriña baixo o nome “Todas as poetas son tu e ningunha coma ti”, parafraseando un verso adicado ao seu fillo no libro Darío a Diario (1996). Igualmente contan coa participación doutros colectivos e organismos como son a Biblioteca Municipal ou a Agrupación Cultural Guardesa.

    Unha das actividades que continuará ata fin de mes é unha exposición de poemas polos comercios da Guarda, que integra poemas da autora nos seus escaparates xerando así unha ruta literaria pola vila, sorprendendo aos transeúntes e curiosos con poemas escollidos de entre toda a súa obra.

    E para rematar o último sábado do mes representarase no Centro Cultural, as 19:00h. unha proposta escénica baseada no último libro publicado por Xela Arias, Intempériome (2003), titulado “Vencerse é cousa de se tratar”. Esta proposta ten unha significación especial, xa que trátase da posta en escena dun recital que Xela estaba preparando co músico Fernando Abreu no momento do seu falecemento. Dentro do traballo de preparación previo a este recital quedaron gravados certos poemas na voz de Xela. Estas gravacións foron recuperadas por Abreu, así como o espírito do espectáculo e deron forma a esta proposta na que participan agora o propio Fernando Abreu como director artístico e músico, Mónica DeNut na lectura dos poemas, Pablo Carrera á guitarra e Roi Fernández a cargo do contido audiovisual.

    No caso do acto público do día 29 de maio o evento conta, como ven sendo habitual, cun protocolo COVID-19 e é preciso anotarse cunha semana de antelación en centrocultural@aguarda.es

    Vídeo do acto: 

    Tag:A Guarda, cultura, Homenaxe, IES A Sangriña, xela arias

    • Share:
    prensa

    Previous post

    Homenaxe a Xela Arias no IES A Sangriña
    24 May, 2021

    Next post

    A unidade móbil de doazóns de sangue estará instalada na Guarda o venres 4 e sábado 5 de xuño
    24 May, 2021

    Search

    Categories

    • General
    • Highways and works
    • Tourism
    • Uncategorized
    • Women

    Rebulindo

    • Móvete (Actividade física)
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion (Formación)
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    MOBILE APP

    You can download the official app of the town hall of A Guarda for:

    A Guarda IOS application
    A Guarda Android application

    Council

    • Write to the Mayor
    • Schedules of Interest
    • Sede Electrónica
    • Whistleblowing channel

    Información

    • Associations and Groups
    • Phones of interest
    • Emergency Pharmacy

    Recommended

    • Events
    • News

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Legal notice
    • Política de cookies
    • Privacy Policy