(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Login with your site account

No apps configured. Please contact your administrator.
Lost your password?

  • Galician
  • English
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Search

    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups
    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups

    Cultura

    • Home
    • Cultura
    • A Guarda contará cun Entroido cheo de actividades e programación para todas as idades

    A Guarda contará cun Entroido cheo de actividades e programación para todas as idades

    • Posted by prensa
    • Categories Cultura
    • Date 8 February, 2023
    A Guarda Contará Cun Entroido Cheo De Actividades E Programación Para Todas As Idades
    • A Alameda da Guarda será o centro das celebracións que comezan na tarde do sábado 18 e rematarán con tradicional Desfile de Comparsas, Carrozas e grupos o Martes 21

     

     

    Entre o 18 e o 21 de febreiro a Guarda acollerá os festexos de Entroido que foron pensados co espírito festivo que corresponde a estas datas e todo tipo de gustos e idades.  A música, o humor e as propostas infantís serán os ingredientes principais destas datas.

     

    SÁBADO DE ENTROIDO, CARREIRA E CONCERTO

    A programación comezará o Sábado 18  ás 18:00h. coa celebración da Carreira de Entroido, que cun pequeno percorrido de tan só 4km. está pensada para a participación de tódolos públicos. As inscricións están abertas ata o 15 de febreiro  a través de https://www.deporticket.com/web-evento/8054-a-carreira-do-entroido.

     

    Será pola noite cando comece a festa co Concerto do grupo guardés “Castro Y los Escoltas” ás 23:30h., ao que lle seguirá a sesión de DJ WASS.

    Neste concerto poderemos ver e escoitar á banda guardesa liderada por Miguel Castro, membro de The Pretty Shirts que aparece agora cun proxecto mais persoal acompañado de Álvaro Vázquez (baixo e coros) e  Alexandre Boamorte (batería), integrantes tamén de bandas ben coñecidas no Sur de Pontevedra como Gold & Colt ou  Pegas Negras. A formación ven de gravar e presentar o seu primeiro traballo en Baixo Miño Studios con Xonix Records cun  estilo musical que abrangue dende o rock clásico ata o soul e outros sons máis densos.

    A festa tralo concerto continuará cunha sesión de DJ a cargo de Diego Wass.

     

    DOMINGO, FESTA PARA TÓDOLOS PÚBLICOS

     

    A tarde do domingo é por tradición o momento do “baile na Alameda” e a  diversión en familia, polo que a programación nesta tarde ten dous ingredientes principais: De 17 a 18h. a actuación do clásico clown “O PALLASO POPÍN” que con mais de 30 anos de experiencia abrirá a tarde cun show no que non faltarán o descaro, a desfachatez, as ocurrencias e algo de improvisación para asegurar as risas de pequenas e maiores. E de 18h. A 20h. O Concerto Grupo Crónicas Pop  que fará un repaso dos grandes éxitos do pop español dende os 80’s ata hoxe para animar á festa e ao baile a tódolos presentes.

     

    LUNS, MAXIA E XOGOS PARA OS MAIS PEQUENOS

    Continúa a programación o luns 20 pensando nos mais pequenos da casa cun espectáculo de Maxia, a cargo do Mago Cali, un dos magos mais destacados da escena galega que combina a maxia co humor, a realidade coa fantasía garantizando un show dinámico e divertido

     

    Mais como a esencia do Entroido se define pola música, tralo espectáculo a Charanga Vaya Panda continuará amenizando a festa co seu repertorio animoso e festivo ben coñecido por todos.

     

     

     

    MARTES DE ENTROIDO, DESFILE E BAILE FIN DE FESTA

     

    O Desfile do Martes de Entroido pechará esta variada programación da man dos Grupos, Comparsas e Carrozas participantes. Como ven sendo habitual o desfile comezará ás 17:30h. na rúa Porto Rico, continuando por Rúa Galicia ata Rosalía de Castro e Alameda.

    Aquelas persoas e colectivos  que desexen participar teñen entre o 7 e o 13 de febreiro aberta a inscrición a través do Rexistro da Guarda. As bases de participación están dispoñibles en: www.aguarda.es.

    Este desfile será acompañado pola batucada viguesa BATE NO COBRE quen ao remate do desfile continuará amenizando a festa na Alameda.

    NOTA: O recinto da Alameda contará con Carpa polo que a programación non sufrirá cambios en caso de choiva. Non obstante, en caso de choiva para o Martes, o desfile sí sería aprazado ao fin de semana en función da previsión  mais favorable.

    Tag:A Guarda, cultura, desfile de entroido, Entroido, entroido na guarda, programacion de entroido

    • Share:
    prensa

    Previous post

    A Guarda pon a disposición dos veciños e veciñas estructurante para compost
    8 February, 2023

    Next post

    A Guarda renovará o alumeado exterior do Campo de fútbol da Sangriña
    10 February, 2023

    You may also like

    • O coro Cantábile actuará no I Festival Sons de Salcidos
      22 April, 2026
    • Este sábado estréase na Guarda a película ‘La red’ de BoscoVision ProduCinema
      20 April, 2026
    • A escola Attitude presenta este domingo o seu festival de primavera
      13 April, 2026

    Search

    Categories

    • General
    • Highways and works
    • Tourism
    • Uncategorized
    • Women

    Rebulindo

    • Móvete (Actividade física)
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion (Formación)
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    MOBILE APP

    You can download the official app of the town hall of A Guarda for:

    A Guarda IOS application
    A Guarda Android application

    Council

    • Write to the Mayor
    • Schedules of Interest
    • Sede Electrónica
    • Whistleblowing channel

    Información

    • Associations and Groups
    • Phones of interest
    • Emergency Pharmacy

    Recommended

    • Events
    • News

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Legal notice
    • Política de cookies
    • Privacy Policy