A Guarda pon a disposición dos veciños e veciñas estructurante para compost
O Concello da Guarda, a través da Concellería de Medio Ambiente, pon a disposición dos veciños e veciñas estructurante (madeira triturada) para todo aquel que o precise para facer compost.
As persoas interesadas so teñen que acudir ao Punto Limpo da Sangriña de luns a venres no seu horario habitual de funcionamento, de 8:00h a 14:30h e tamén os sábados de 8:30h a 13:00h cunha bolsa/saco ou capacho e facilitaráselles o estructurante ata fin de existencias.