A Guarda dota dun desfibrilador á Piscina Municipal
Esta semana o Concello da Guarda, a través da Concellería de Deportes, realizou a entrega dun desfibrilador para o seu uso nas instalacións da Piscina Municipal.
Este novo equipo súmase aos xa existentes en varias instalacións municipais coma o Clube de Remo Robaleira, o Pavillón Municipal, o Estadio Municipal da Sangriña, o GES da Guarda e, dende esta semana, a Piscina Municipal.
Un desfibrilador é un dispositivo capaz de restaurar o ritmo cardíaco normal a unha persoa que acaba de sufrir un ataque cardíaco.
Tendo en conta que morren entre 500 e 1000 persoas ao día por un infarto, é importante, ter a man un desfibrilador ante o que poda acontecer, de xeito que se poden salvar moitas vidas.
Os desfibriladores portátiles de nova xeración permiten solventar unha actuación de emerxencia de maneira sinxela.
Tag:A Guarda, desfibrilador, saúde, seguridade