(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Login with your site account

No apps configured. Please contact your administrator.
Lost your password?

  • Galician
  • English
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Search

    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups
    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups

    Cultura

    • Home
    • Cultura
    • A Guarda e Caminha acollen esta fin de semana a III Feira do Libro Luso-Galaica

    A Guarda e Caminha acollen esta fin de semana a III Feira do Libro Luso-Galaica

    • Posted by prensa
    • Categories Cultura
    • Date 18 August, 2022
    A Guarda e Caminha acollen esta fin de semana a III Feira do Libro Luso-Galaica

    O evento con programacións paralelas en ambos municipios, recolle as principais publicacións realizadas polos concellos e cámaras municipais dos municipios da fronteira luso-galaica.

    Por terceiro ano consecutivo chega ata A Guarda e Caminha este evento que xurdiu coa vocación de visualizar a ampla oferta de publicacións en torno ao noso territorio e que na maioría das ocasións é de difícil acceso por ser publicado a cargo das institucións e atoparse repartido e disperso en cada unha delas.

    O evento organizado polos municipios de A Guarda e Caminha, conta coa colaboración de tódolos municipios do Baixo Miño (Oia, O Rosal, Tomiño, Tui), mais de Salceda de Caselas e As Neves pola parte galega e dos municipios de Vilanova de Cerveira, Valença, Monçao, Melgaço, Paredes de Coura, Ponte da Barca, Arcos de Valdevez, Ponte de Lima e Viana do Castelo, pola parte portuguesa. Todos estes concellos aportaron as súas publicacións que estarán ao dispor do público na Guarda na tarde do venres 19 e durante todo o día do sábado 20, mentres que en Caminha o horario será de tarde o venres (sexta-feira) 19, o sábado 20 e domingo 21.

    A exposición e venda de libros estará acompañada dunha ampla programación con presentacións literarias e concertos, destacando na programación da Guarda o concerto de Treides Comigo de Xoán Curiel(ás 21:00h do venres 19), que interpretará cantigas medievais da tradición luso-galaica adaptadas en clave contemporánea e o concerto da Banda Musical Lanhelense cun repertorio específico “Minho…O río que nos aproxima”(ás 20:30h do sábado 20). A programación terá en conta tamén aos mais pequenos con actividades lúdicas como o concerto de Migallas o venres á tarde (19:00h.), o Contacontos Pepiña Maruxiña quere voar, o sábado ás 11:30h e un obradoiro de Origamis o sábado á tarde (19:00h.)

    Un dos motivos da realización conxunta deste evento é, ademais da colaboración entre os dous concellos transfronteirizos, o intercambio de experiencias culturais, dando a coñecer a artistas e escritores na outra beira do Miño. Así é o caso da Banda Musical Lanhelense, ou dos origamis de Pamela Campelo e Olga Loureiro que dende Caminha chegan ata a Praza do Reló o sábado a tarde. Dende o Baixo Miño chegarán ata Caminha o grupo rosaleiro Lirolai que dará un concerto o venres á noite, a Asociación pola memoria histórica que presentará o libro A porta do inferno e o fotógrafo Manuel Álvarez que levará o seu libro Sexades Mar.

    TREIDES COMIGO
    O concerto a cargo do grupo de Xoán Curiel que terá lugar na Praza do Reló o venres ás 21h. , trala inauguración da Feira a cargo das autoridades, está incluído dentro das actividades do programa Cultura no Camiño 2022 (Xunta de Galicia- Xacobeo 2022) e cobra singular importancia dentro desta feira xa que parte da orixe da nosa lingua común (o luso galaico) e unha das súas maiores representación literarias como é a tradición das cantigas medievais. O compositor e cantante Xoán Curiel define o espectáculo como novo e vello ao mesmo tempo: “Xoán pon música ás cantigas escritas hai case un milenio co propósito de ofrecer unha actualización das mesmas e achegar tamén a figura dos trobadores diversos camiños de Santiago, que sen dúbida espallaron esta tradición”. Arpa, vento, percusión, voz e guitarras farán o resto nesta proposta de gran calidade artística que nos deleitará o venres 19 ás 21:00h. Na Praza do Reló.

    A Guarda e Caminha acollen esta fin de semana a III Feira do Libro Luso-Galaica

    Tag:cultura, Feira do Libro, feira do libro luso galaico

    • Share:
    prensa

    Previous post

    Este verán as praias O Muíño e Area Grande non contarán co servizo de socorrismo
    18 August, 2022

    Next post

    O concello da Guarda inicia as obras de humanización da Rúa Manuel Rodríguez Sinde
    19 August, 2022

    You may also like

    • A Guarda presenta un verán cheo de plans
      20 June, 2025
    • A Festa do Santísimo deste domingo encherá as rúas da Guarda de alfombras florais
      16 June, 2025
    • Novo contacontos na Biblioteca Municipal para despedir o curso
      16 June, 2025

    Search

    Categories

    • General
    • Highways and works
    • Tourism
    • Uncategorized
    • Women

    Rebulindo

    • Móvete (Actividade física)
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion (Formación)
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    MOBILE APP

    You can download the official app of the town hall of A Guarda for:

    A Guarda IOS application
    A Guarda Android application

    Council

    • Write to the Mayor
    • Schedules of Interest
    • Sede Electrónica

    Información

    • Associations and Groups
    • Phones of interest
    • Emergency Pharmacy

    Recommended

    • Events
    • News

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Legal notice
    • Cookies policy
    • Privacy Policy