A Guarda licita as obras de Instalación dun tratamento térmico do pavillón da Sangriña
O Concello da Guarda ven de publicar no día de hoxe a licitación das obras para a “Instalación dun tratamento térmico do pavillón da Sangriña”.
Estas obras veñen a mellorar os problemas de condensación existentes no Pavillón da Sangriña e que motivou que se tivesen que suspender algúns partidos e adestramentos no pasado.
A Secretaría Xeral para o Deporte participa neste proxecto co obxectivo de potenciar o deporte base sendo consciente da importancia da súa colaboración económica cos concellos para afrontar obras que beneficien ao conxunto dos cidadáns para a práctica deportiva, achegando 77.031,02€ e o Concello da Guarda achega 18.894,75€.
O orzamento de execución destas obras é de 94.473,77 euros (IVE engadido). Os interesados nesta licitación poden obter información e presentar ofertas accedendo ao Perfil do contratante do Concello da Guarda ou pinchando no seguinte enlace:
https://contrataciondelestado.es/wps/poc?uri=deeplink:detalle_licitacion&idEvl=b5zHQhqlF%2FyiEJrVRqloyA%3D%3D
Tag:A Guarda, A Sangriña, Deporte, licitación, Obras, Pavillón