A Guarda oferta un curso de capacidades tecnolóxicas básicas para maiores
Xa están abertas as inscricións para o curso gratuíto de “Mellores acompañados”. Trátase dun curso enfocado nos maiores para o ensino de novas tecnoloxías de uso diario e que poidan ser deste xeito, máis independentes.
O curso levarase a cabo na aula multiusos do Concello da Guarda os luns 30 de setembro, e 7,14 e 21 de outubro de 10 a 12.30 horas. En principio temos entre 15 e 20 prazas, con posibilidade de aumentar en caso de que exista demanda.
Nesta formación aprenderán como usar servizos habituais na vida diaria: máquinas de quendas, caixeiro automático, teléfono móbil ou app do SERGAS.
Trátase dunha formación totalmente gratuíta. A inscrición levarase a cabo na oficina dos servizos sociais do Concello, tanto presencial como polo teléfono 986 61 45 07.