A Guarda organiza unha xornada de eliminación da especie invasora “uña de gato”
Este domingo 13 de outubro, o departamento de Medio Ambiente organiza unha xornada de eliminación da especie invasora “uña de gato” (carpobrotus edulis).
A uña de gato, chamada así coloquialmente, esténdese formando tapices homoxéneos que impiden o desenvolvemento das especies autóctonas e altera o ciclo de nutrientes.
Un aspecto curioso desta planta é o proceso coñecido como competencia polínica: produce tanto pole, que atrae e monopoliza a moitos polinizadores que deixan de desempeñar o seu rol ecolóxico coas especies autóctonas.
A actividade comezará ás 10:30 horas na Atalaia e terá unha duración de dúas horas. Recoméndase traer roupa axeitada á meteoroloxía e á actividade. Para inscribirse, podedes facelo a través do correo electrónico medioambiente@aguarda.es ou a través do teléfono 676 67 48 37.