A Guarda organiza unha xornada de ioga solidario a favor das crianzas saharauís
O Centro Awen, en colaboración co Concello da Guarda, organiza unha sesión de ioga cun obxectivo solidario.
Toda a recaudación destinarase de xeito íntegro a SOGAPS (Solidariedade Galega co Pobo Saharauí) para axudar ao mantemento do programa Vacacións en Paz que permite a nenos e nenas saharauís pasar os meses de verán en Galicia. Deste xeito, A Guarda quere implicarse na axuda ás familias de acollida do Baixo Miño que realizan esta acción solidaria.
Haberá diferentes actividades como ioga e danza para todos os públicos e comezarán o domingo 8 de setembro de 11:00 a 12:30 horas na Alameda da Guarda. Os donativos solidarios serán a partir dos 6€, mentres que para as familiar serán 10€.
Recoméndase aos participantes traer una esterilla ou toalla, roupa cómoda e unha manta ou coxín para a relaxación. Máis información no teléfono 617 660 531.