Os sábados de setembro ofreceranse visitas guiadas ao Castro Santa Trega
Co comezo de setembro redúcese o número de visitantes ao monte pero seguiranse ofrecendo as visitas guiadas gratuítas ao Castro de Santa Trega como en anos anteriores.
Unha vez comezado setembro os visitantes poderán coñecer mellor o valor arqueolóxico coas visitas dos sábados en dúas quendas: ás 12:00 e ás 17:00, excepto o sábado 14 que só haberá a visita da tarde.
A duración das visitas gratuítas é de 45 minutos e só se precisa estar á hora no punto de encontro do parking da casa Forestal, xa que non se necesita reserva previa. Mais para grupo de máis de 12 persoas pídese consultar ao MASAT no teléfono 690 01 70 38.
Aínda que as visitas son de balde, a tarifa de acceso de vehículos non está incluída.