A Guarda prepárase para acoller a undécima edición do Trail do Trega o próximo 17 de novembro
O Trail do Trega volve o próximo 17 de novembro ao Monte Trega con dúas distancias: 12 e 18 km. Trátase da terceira proba da Pontevedra Trail League, xunto as probas do Trail do Aloia e do Trail Adventure Muíños do Folón.
A carreira terá o seu punto de saída e de meta na Alameda para despois adentrarse no singular paisaxe do Monte Santa Trega. A distancia de 12 kilómetros conta cun desnivel positivo de 500 metros, mentres que a opción de 18 kilómetros conta con 900 metros de desnivel positivo.
A saída efectuarase ás 10:00 horas para a distancia de 18 km e unha hora máis tarde, ás 11:00 horas comezará a proba de 12 km. As inscricións aínda se atopan abertas na páxina web da proba: https://www.traildotrega.com/ onde ademais tedes máis información.
Os participantes que completaran as tres probas da Liga, recibirán un agasallo ao rematar.