Convocatoria dun minuto de silencio ás 13:00 horas
O Concello da Guarda convoca un minuto de silencio para mañá xoves 31 de outubro ás 13:00 horas na Praza do Reló.
Este minuto será en honra das persoas falecidas e en apoio a toda a poboación afectada pola dana, sobre todo, as familias das persoas aínda desaparecidas.