A Guarda recuperará o observatorio ornitolóxico da Xunqueira e renovará a pasarela
A Xunta de Galicia pretende mellorar os valores diferenciais e a resiliencia ante o cambio climático da paisaxe transfronteiriza do estuario do Miño-Santa Trega.
A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, o alcalde da Guarda, Roberto Carrero, o concelleiro de Vías e Obras, Isidro Lomba e o director do Instituto de Estudos do Territorio (IET), Enrique de Salvador, visitaron o observatorio de aves da Xunqueira, cuxa rehabilitación enmárcase no proxecto europeo Green Gap.
Ademais, a pasarela será rehabilitada para facilitar o acceso nesta zona na contorna do corredor ecolóxico do río Miño.
Tamén se explicou que se levarán a cabo labores de roza e eliminación de especies alóctonas (como a acacia ou a herba da pampa) e se mellorará a cartelería e a sinalización para optimizar a información aos visitantes; recuperaranse peches e outros elementos protectores sobre hábitats sensibles; e retiraranse elementos abandonados ou árbores mortas.