A Orquestra Clásica de Vigo dará un concerto na Guarda o vindeiro luns 12
A Orquestra Clásica de Vigo, co apoio da Deputación de Pontevedra, chegan á Guarda o próximo luns 12 de agosto para pór fin ao seu ciclo de Concertos ás beiras do Miño. Con este ciclo conmemoran o seu 40 aniversario.
Neste concerto poñerán en valor a música que Reveriano Soutullo lle dedicou á súa terra, patria repartida entre Ponteareas, Redondela e Vigo. «Puenteareas» é un himno, ao que se lle suma dúas obras recuperadas e reinstrumentadas por Manuel Martínez Álvarez-Nava, director da Orquesta Clásica de Vigo: A suite Vigo e o pasodobre Redondela, que será unha estrea absoluta neste ciclo.
O concerto terá lugar no Auditorio de San Benito o luns 12 de agosto ás 21:00.