A Guarda retoma o merdadillo semanal dos sábados ao completo
Este sábado día 26 de setembro o entorno da Alameda da Guarda acolle o mercadillo semanal, incorporando novamente a totalidade dos postos habituais, unha vez levantadas as medidas de restrición ditadas por sanidade.
Deste xeito contarase cos postos de venda de roupa, complementos, alimentación, prantas e hortalizas.
Dende o consistorio local apélase á responsabilidade individual para que todo funcione de xeito adecuado e coas medidas de protección e prevención axeitadas.