(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Login with your site account

No apps configured. Please contact your administrator.
Lost your password?

  • Galician
  • English
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Search

    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups
    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups

    Cultura

    • Home
    • Cultura
    • A Guarda volverá encher as súas rúas de cor coas alfombras florais na honra do Santísimo

    A Guarda volverá encher as súas rúas de cor coas alfombras florais na honra do Santísimo

    • Posted by prensa
    • Categories Cultura
    • Date 27 May, 2026

    A Guarda prepárase para vivir unha das súas celebracións máis emblemáticas, o Corpus Christi coas alfombras florais na honra do Santísimo 2026, unha tradición que cada ano enche as rúas da vila de cor, arte floral e participación veciñal e que este ano terá lugar o domingo 7 de xuño.

    As asociacións, veciños e familiares traballan xa nos preparativos dunha celebración que pasa de xeración en xeración e que forma parte da identidade cultural guardesa. Un ano máis, as alfombras florais converterán as rúas do municipio nun gran lenzo efémero elaborado con flores, sal tinguida, café e outros elementos naturais.

    A elaboración das alfombras comezará na noite do sábado, prolongándose ata a mañá do domingo, momento no que veciños e visitantes poderán desfrutar dos diferentes deseños realizados ao longo das rúas da vila. Pola tarde celebrarase a misa ás 17:30 horas e posterior procesión sobre as tradicionais alfombras florais.

    Cada ano, os deseños sorprenderán pola súa creatividade e variedade temática, combinando motivos relixiosos, ornamentais e sociais, nun traballo colectivo no que participan persoas de todas as idades. Precisamente, este carácter interxeracional é un dos grandes valores desta tradición, que continúa viva grazas á implicación das asociacións e de toda a veciñanza.

    Este ano, ademais, o cartel anunciador do Corpus Christi naceu dun concurso realizado en colaboración cos centros educativos da Guarda, reforzando así o vínculo da mocidade con esta tradición tan especial.

    Os centros participantes foron os colexios CPR Padres Somascos – Fundación Edúcere, Colexio San José – Hermanas Carmelitas A Guarda, C.E.I.P. Plurilingüe As Solanas – Nicolás Gutiérrez Campo e CEIP Manuel Rodríguez Sinde, aos que se quere agradecer especialmente a súa implicación e entusiasmo.

    O xurado encargado de seleccionar os traballos estivo formado por Mili Baz, antiga presidenta da Asociación Cultural de Alfombras da Guarda; Emilio Baz, fotógrafo guardés; e Patricia, técnica da OMIX do Concello da Guarda.

    As finalistas do certame foron Amelia Villa Arzúa e Martina Baz Lomba, resultando gañadora Iria Lorenzo Piñeiro, autora do cartel desta edición do Corpus Christi 2026.

    A procesión dirixirase da igrexa parroquial á praza Praza do Reló, para pasar pola rúa Ignacio Sobrino e rúa Oliva e seguir por Hernán Cortés. Alí baixarán polas escaleiras da praza José María Lomba para continuar pola rúa Malteses e Concepción Arenal ata a rúa Brasilino Álvarez Sobrino e así rematar de novo na igrexa parroquial pola rúa Antonio Alonso. Nos vindeiros días daranse a coñecer tamén as afectacións ao tráfico derivadas da celebración.

    • Share:
    prensa

    Previous post

    Arranca a programación da VI edición de A Guarda Diversa cos obradoiros "Rachando cos marcos: educación para a diversidade"
    27 May, 2026

    Next post

    O alcalde da Guarda visita "O Carreiro Wine & Tapas", o novo local hostaleiro situado na rúa do Porto
    27 May, 2026

    You may also like

    • O festival “A Guarda Clásica” pecha a súa programación co quinteto de metais da Orquesta Vigo 430
      27 May, 2026
    • O dúo cómico Mofa&Befa recuperan a Castelao coa súa persoal proposta de “Os dous de sempre” no Centro Cultural de A Guarda
      27 May, 2026
    • O Conservatorio de Música da Guarda celebra as súas xornadas de portas abertas do 25 ao 29 de maio
      22 May, 2026

    Search

    Categories

    • General
    • Highways and works
    • Tourism
    • Uncategorized
    • Women

    Rebulindo

    • Móvete (Actividade física)
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion (Formación)
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    MOBILE APP

    You can download the official app of the town hall of A Guarda for:

    A Guarda IOS application
    A Guarda Android application

    Council

    • Write to the Mayor
    • Schedules of Interest
    • Sede Electrónica
    • Whistleblowing channel

    Información

    • Associations and Groups
    • Phones of interest
    • Emergency Pharmacy

    Recommended

    • Events
    • News

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Legal notice
    • Política de cookies
    • Privacy Policy