(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Login with your site account

No apps configured. Please contact your administrator.
Lost your password?

  • Galician
  • English
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Search

    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups
    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups

    Cultura

    • Home
    • Cultura
    • A música Blues invade A Guarda esta fin de semana

    A música Blues invade A Guarda esta fin de semana

    • Posted by prensa
    • Categories Cultura
    • Date 5 July, 2023
    A música Blues invade A Guarda esta fin de semana
    • O Festival de Música A Guarda Mar de Blues traerá á Guarda artistas como Tommy Castro & The Painkillers, Javier Turnes & The Hake Men, Mingo Balaguer & Pablo Sanpa ou Julián Maeso
    • A banda americana “Tommy Castro & The Pankillers”, dará na Guarda o seu único concerto en Galicia.

     

    A Guarda prepárase para acoller esta fin de semana a terceira edición do festival musical “A Guarda Mar de Blues”, que chega este ano á Praza do Reló os días 7 e 8 de xullo, organizado polo Concello da Guarda en colaboración con Onme Producciones – Mais que Blues e patrocinado por Cervezas Alhambra.

     

    A programación arranca na xornada do venres día 7 de xullo ás 22:30h co concerto de Julián Maeso, un dos pratos fortes desta edición. Un dos músicos máis versátiles que existen no noso país e cualificado por moitos como o “Dr. John” español ou mesma reencarnación do gran “Jimmy Smith”, grazas ao dominio e manexo do órgano Hammond. Deleitaranos cun concerto cheo de momentos Funk indescriptibles, Soul, R&B,… que quedarán gardados para sempre na retina de aqueles que se acheguen á primeira xornada do Mar de Blues.

     

    As actividades continúan cunha Sesión Vermú o sábado 8 de xullo ás 12:00h con “Javier Turnes y The Hake Men”, Javier Turnes estará na Guarda presentando o seu novo proxecto musical. Falar de Javier Turnes é falar dun dos grandes estudiosos do Blues en Galicia, e xunto a The Hake Men ofrecerán un precioso percorrido polo son de Chicago ata as beiras do río Mississippi.

     

    O prato forte chega o sábado ás 22:30h con “Mingo Balaguer & Pablo Sanpa”, Mingo Blagauer é un dos grandes mestres da armónica no país… un veterano músico con máis de 30 anos sobre os escenarios e que ten tocado xunto a  lendas do Blues como Hubert Sumlin, Johnny Winter ou Magic Slim, entre outros moitos. Contará co apoio de Pablo Sanpa, un dos  guitarristas con máis recoñecemento no panorama nacional do blues.

     

    “Tommy Castro & The Painkillers” subirán ao palco do Mar de Blues sobre as 23:30h cheos de  Blues, Soul, R&B, Rock…. todo elo e moito máis é esta banda procedente de San Francisco.  Tommy Castro ten mais de 3 décadas de carreira profesional, infinidade de premios como o recente “Blues Music Awrad” á mellor banda en directo do ano, milleiros de concertos, unha suculenta e ampla discografía e infinidade de colaboracións xunto a grandes nombres como Carlos Santana, Bob Weir, Greg Alman, Dr. John, Willie Nelson, Jeff Beck, Joe Bonamassa, Elvin Bishop, Charlie Musselwhite, Magic Dick of J Giles, Taj Mahal, Los Lobos ou John Lee Hooker, que fixo a súa última  aparición pública, para gravar o disco «Guilty of Love» de Tommy Castro.

     

    Tommy  será el encargado de pechar esta terceira edición do Mar de Blues.

     

    Tal e como manifestou o Alcalde, Roberto Carrero, na presentación deste evento “é un festival cunha organización impecable e que traerá á Guarda a artistas moi recoñecidos que promoverán a música blues no municipio.”

     

    O Concelleiro Fernando Reyes indicou na presentación deste festival que axudará a converter A Guarda nun punto de referencia musical na comarca do Baixo Miño, cun evento cultural que se celebra nun espazo patrimonial tan importante para a vila como é a Praza do Reló, dinamizando tamén a economía local en todos os seus ámbitos, posto que traerá á Guarda a numerosos asistentes de varios puntos de Galicia, España e Portugal.7

     

    Óscar Martínez, membro da organización do festival, destacou os grandes músicos que visitarán A Guarda os días 7 e 8 de xullo, grandes referentes que farán as delicias dos asistentes coa súa calidade e experiencias musicais, coma é o caso de Tommy Castro & The Painkillers, Javier Turnes & The Hake Men, Mingo Balaguer & Pablo Sanpa ou Julián Maeso.

     

    LUGAR: Praza do Reló – A Guarda

     

    VENRES 7 XULLO :

    CONCERTO:             JULIÁN MAESO 22:30 H

     

    SÁBADO 8 XULLO:

    SESIÓN VERMUT: JAVIER TURNES & THE HAKE MEN 12:OO H

     

    CONCERTOS:          MINGO BALAGUER & PABLO SANPA : 22:30 H

    TOMMY CASTRO & THE PAINKILLERS: 23:30 H

     

     

    Video: https://youtu.be/GXlSh0xBOnU

    Tag:A Guarda, Festival, mar de blues, Música

    • Share:
    prensa

    Previous post

    Regresan as saídas de navegación co volanteiro Piueiro durante este verán
    5 July, 2023

    Next post

    A Guarda realiza este xoves unha recepción oficial ao deportista Álex Sierpes
    5 July, 2023

    You may also like

    • A Agrupación Musical da Guarda continúa cos seus concertos nas parroquias
      27 April, 2026
    • O coro Cantábile actuará no I Festival Sons de Salcidos
      22 April, 2026
    • Este sábado estréase na Guarda a película ‘La red’ de BoscoVision ProduCinema
      20 April, 2026

    Search

    Categories

    • General
    • Highways and works
    • Tourism
    • Uncategorized
    • Women

    Rebulindo

    • Móvete (Actividade física)
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion (Formación)
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    MOBILE APP

    You can download the official app of the town hall of A Guarda for:

    A Guarda IOS application
    A Guarda Android application

    Council

    • Write to the Mayor
    • Schedules of Interest
    • Sede Electrónica
    • Whistleblowing channel

    Información

    • Associations and Groups
    • Phones of interest
    • Emergency Pharmacy

    Recommended

    • Events
    • News

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Legal notice
    • Política de cookies
    • Privacy Policy