A obra ‘Mentalmorbose’ abre a axenda cultural da primavera na Guarda
A Guarda inicia unha primavera con moito teatro e cunha característica especial: obras de teatro aficionado. .
Abre o telón, como se diría na xerga teatral, a obra “Mentalmorbose” do grupo Noitebras Teatro o sábado 29 de marzo.
Trátase dunha traxicomedia meta-teatral na que se nos presenta a un dramaturgo, Viktor Krikrič, quen está experimentando estraños cambios na súa relación con todas as mulleres que o rodean.
Ademais, está tendo dificultades coa súa nova obra, polo que tenta ter a axuda dunha das súas exparellas para publicala.
Con todo isto temos os ingrediente perfectos para desfrutar do teatro no Centro Cultural o sábado 29 a partir das 20:30h.