A oficina móbil de Retorno estará o martes na Guarda
Este martes 15 de outubro a Oficina Móbil de Retorno da Xunta de Galicia achegarase á Guarda de 9 a 14 horas.
A oficina instalarase na praza do Reló e consiste nun punto de atención presencial para informar aos galegos e galegas do exterior que retornan a Galicia e as súas familias. Ofrecen asesoramento sobre trámites administrativos, prestacións e axudas, vivenda, formación e orientación laboral…
Todas aquelas persoas interesadas poden pedir cita previa na seguinte ligazón: https://emigracion.xunta.gal/actividade/retorna/oficina-mobil-cita-previa