A PÁXINA SOLOPORSCHE.COM ESCOLLE A GUARDA PARA PRESENTAR O NOVO MODELO DE COCHE
O foro Soloporsche.com, un dos máis prestixiosos espazos destas características, con máis de 27.000 foreros, escolleu a localidade da Guarda para presentar o novo modelo de coche “Porsche 911 Carrera S (991)”.
En moitas das instantáneas publicadas nesta páxina web aparece este automóbil de luxo aparcado no porto da Guarda coa fachada do paseo marítimo ó fondo. Esta localización fai que sexa moi recoñecible a localidade en todas e cada unha das fotografías.
Este non foi o único escenario natural que esta web utilizou para promocionar o seu automóbil. Nas imaxes publicadas, pódese, por exemplo, recoñecer diferentes espazos da vila de Baiona.
Adxunto o enlace: http://www.soloporsche.com/showthread.php?t=53341