CONDICIÓNS E CARACTERÍSTICAS DAS ACTIVIDADES A REALIZAR NA CASA DOS ALONSOS
Consideracións para o seu uso.
Ante a avalancha de peticións para a utilización da Casa dos Alonsos por parte de terceiros,haberá que ter en consideración as seguintes circunstancias:
-O Concello dispón dunha sala de Exposicións habilitada para estas actividades no Centro Cultural.
-As actividades que aquí se realicen serán organizadas pola Concellaría de Cultura ou as que sexan valoradas positivamente, despois dunha análise da obra ou temática, por parte dun gabinete de expertos e da propia Concellaría de Cultura.
-A obra ou temática ten que ser suficientemente extensa para poder ocupar toda a sala de exposicións.
-O edificio non conta con persoal. Serán os propios expositores os quen se fagan cargo da atención e vixilancia do edificio e da exposición.
-A actividade a realizar nunca será con ánimo de lucro.
-Só para artistas locais.
-Terá que presentarse un proxecto da obra ou temática previo para o seu estudo e valoración.