(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Login with your site account

No apps configured. Please contact your administrator.
Lost your password?

  • Galician
  • English
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Search

    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups
    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups

    Turismo

    • Home
    • Turismo
    • A Praza do Reló da Guarda volta a vibrar ao son do “Mar de Blues”

    A Praza do Reló da Guarda volta a vibrar ao son do “Mar de Blues”

    • Posted by prensa
    • Categories Turismo
    • Date 30 June, 2022
    A Praza do Reló da Guarda volta a vibrar ao son do “Mar de Blues”

    O Concello da Guarda prepárase xa para acoller unha fin de semana intensa e chea de actividades entre as que destacan a XXX edición da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira e a II edición de A Guarda Mar de Blues.

     

    A Guarda Mar de Blues chega este ano á Praza do Reló con importantes artistas internacionais e nacionais coma Will Jacobs, Remi Bankyln, Julian Vaughn, Javier Vacas, Marcos Coll ou Javier Turnes.

     

    Rafa Álvarez, Concelleiro de Turismo, quixo por de manifesto o compromiso municipal coa realización de actividades que impliquen tamén a colectivos ou asociacións coma é o caso da Asociación River Bucks Cultural,  cunha ampla experiencia na organización de eventos. Deste xeito se xeran sinerxias que traen como resultado un festival en pequeno formato, pero cunha excelente calidade musical e artística, que continúa a por no mapa a vila da Guarda no mundo do Blues.

    A iniciativa musical que xurde no ano pasado da man da Asociación River Bucks Cultural, trae á Guarda nesta edición 2022 a  Will Jacobs, que posúe unha extensa carreira como guitarrista de Blues, aprendendo dos máis grandes da escea de Chicago e tocando entre outros moitos con: Linsey Alexander Blues Band, Toronzo Cannon, Shemekia Copland, Sharon Lewis, Mike Wheeler Band,….. . Destaca pola súa sutileza e gran dominio das seis cordas, ademais de ser un gran compositor, está dotado dunha bronceada voz que lle permite deslizarse sutilmente entre o Blues e o Soul.

     

    Outro dos principais atractivos desta nova edición é  Mr. Julian Vaughn, todo un mestre de mestres no mundo da percusión, sendo na actualidade un dos grandes referentes do Blues e do Jazz. Estamos falando de que no seu día foi batería dun dos reis do Blues como:  Albert King e B.B. King.

     

    Ademais deles estarán entre outros: Marcos Coll, sobradamente coñecido no mundo do Blues, é un dos mellores armonicistas das últimas décadas e fundador de “Reyes del K.O.” , imaxe da prestixiosa marca HOHNER.

    Tamén estarán este ano en A Guarda Mar de Blues, Javier Vacas, todo un amante do Blues e coñecido por ser membro fundador de Sex Museum, Los Coronas,… ou Javier Turnes, fundador de la banda gallega Bakin Blues Band y del Festival de Blues de Fisterra.

    Nesta edición presentarase en exclusiva ao novo bluesman Remi Bankyln que virá directamente desde Londres para deleitarnos  cunha boa dose de Blues Tradicional.

     

    Horarios:

    Venres día 1 de xullo ás 22:30h primeira xornada do festival na Praza do Reló.

    Sábado día 2 de xullo ás 11:00h masterclass na Praza do Reló para todas as idades, pero principalmente indicada para os máis pequenos.

    Sábado día 2 de xullo ás 22:30h segunda xornada do festival na Praza do Reló.

     

    VIDEO: https://www.youtube.com/watch?v=UrWZUOIw-JA

    Tag:a guarda mar de blues, blues, concertos, cultura, Música, turismo

    • Share:
    prensa

    Previous post

    Comeza na Guarda o proxecto TENACT no que se desenvolven materiais pedagóxicos innovadores para traballar sobre temas medio ambientais a través do teatro
    30 June, 2022

    Next post

    A Guarda e Póvoa de Varzim xa son cidades irmandadas
    30 June, 2022

    You may also like

    • O albergue municipal da Guarda pechará durante as semanas de Nadal
      12 December, 2025
    • O sábado e domingo da Ponte da Constitución haberá visitas guiadas ao Castro de Santa Trega
      3 December, 2025
    • A Guarda pasa de fase na campaña “Juntos brillamos más” de Ferrero Rocher grazas aos votos
      24 November, 2025

    Search

    Categories

    • General
    • Highways and works
    • Tourism
    • Uncategorized
    • Women

    Rebulindo

    • Móvete (Actividade física)
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion (Formación)
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    MOBILE APP

    You can download the official app of the town hall of A Guarda for:

    A Guarda IOS application
    A Guarda Android application

    Council

    • Write to the Mayor
    • Schedules of Interest
    • Sede Electrónica

    Información

    • Associations and Groups
    • Phones of interest
    • Emergency Pharmacy

    Recommended

    • Events
    • News

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Legal notice
    • Política de cookies
    • Privacy Policy