(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Login with your site account

No apps configured. Please contact your administrator.
Lost your password?

  • Galician
  • English
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Search

    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups
    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups

    Vías e obras

    • Home
    • Vías e obras
    • Abel Caballero, Carlos Mouriño e Antonio Lomba inauguran as novas rúa de Vigo e rúa do Celta

    Abel Caballero, Carlos Mouriño e Antonio Lomba inauguran as novas rúa de Vigo e rúa do Celta

    • Posted by prensa
    • Categories Vías e obras, Xerais
    • Date 11 August, 2017

    O alcalde do Concello de Vigo, Abel Caballero, e o rexedor guardés, Antonio Lomba, foron os encargados de descubrir a placa da nova rúa Vigo que, dende esta mañá, substitúe á Primeira e Segunda Transversal Bechos. A eles se uniu o presidente do Real Club Celta de Vigo, Carlos Mouriño, para a inauguración da rúa do Celta, na que ata hoxe era a Terceira Transversal Bechos.

    Tamén estiveron presentes no acto o presidente da Peña Celtista do Baixo Miño, José Carlos Rodríguez, o concelleiro de Deportes vigués, Manel Fernández, o primeiro tenente de alcalde da Guarda, Miguel Español, e outros membros da corporación local. Sumáronse, tras as inauguracións, os xogadores do Celta Sergio Álvarez e Nemanja Radoja, e o ex-xogador e actual delegado de campo do club, Vladimir Gudelj, que saudaron aos afeccionados e atenderon as demandas de autógrafos e fotografías.

    Novos nomes no rueiro guardés

    O son da gaita e o baile tradicional acompañaron o acto de inauguración, que comezou pasadas as 11.30 horas na intersección da nova rúa Vigo con rúa Galicia. Antes de descubrir a placa, o alcalde vigués quixo agradecer o “xesto de amizade” por parte da vila guardesa, da que confesou sentirse moi próximo. “Un dos meus primeiros recordo é aquí, na praia, cos meus país intentando que me metera na auga”, confesou Caballero, ao explicar que, cando era un neno, esta era a localidade escollida pola súa familia para pasar o verán.

      Referíndose ao estreito vínculo que une a ambas localidades, Antonio Lomba asegurou que o nomeamento da nova rúa resolve unha débeda pendente co veciño vigués. “A Guarda é a nosa vila, pero Vigo é a nosa cidade”, afirmou o rexedor local.

      Descuberta a placa da rúa Vigo, o acto trasladouse á nova Rúa do Celta, onde se sumou o presidente do club vigués, Carlos Mouriño, para agradecer a homenaxe. “É un orgullo, unha satisfacción e un compromiso, que nos obriga a estar máis pendentes de todo o que pasa ao noso redor e coa nosa afección” referiu o presidente, para sentenciar que “o Celta non leva só o nome de Vigo”, senón tamén o de moitas outras localidades que, como a guardesa, contan cunha afección “grande e ruidosa”, engadiu Antonio Lomba.

      O ex-xogador Vladimir Gudelj e os xogadores do club, Sergio Álvarez e Nemanja Radoja, uníronse á celebración unha vez remataron os seus compromisos deportivos, para atender a afección. Decenas de persoas agardaban na nova rúa do Celta con balóns e camisetas celestes para poder facerse cun autógrafo dos futbolistas, que cumpriron de boa gana as demandas de pequenos e maiores.

      Namentres, Carlos Mouriño aproveitou para coñecer a exposición “Arte do adentro” do colectivo SOMOSARTE, que estes días se expón no Centro Cultural da Guarda, en horario de 10 a 13 horas e de 19 a 22 horas ata o próximo martes 15 de agosto.

      O presidente do R.C. Celta, Carlos Mouriño, e o alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz, xunto con algunhas das autoras das obras da exposición “Arte do adentro”
      • Share:
      prensa

      Previous post

      A rúa do Celta e a rúa Vigo inaugúranse mañá en homenaxe ós 25 anos da Peña do Baixo Miño
      11 August, 2017

      Next post

      A Directiva da Sociedade Pro-Monte reúnese para considerar a disolución da institución
      12 August, 2017

      You may also like

      • O alcalde da Guarda recibiu a Eugenio Vicente, neto do guardés Avelino Vicente
        8 May, 2026
      • A Festiña Campusina volve a montar unha festa para todas as idades o sábado 16 de maio
        7 May, 2026
      • A unidade móbil de ADOS visita A Guarda o martes 28 de abril
        24 April, 2026

      Search

      Categories

      • General
      • Highways and works
      • Tourism
      • Uncategorized
      • Women

      Rebulindo

      • Móvete (Actividade física)
      • Lemos Xuntos?
      • Dalle ó Play
      • Coñece a vila!
      • A vida é xogo
      • Acion (Formación)
      Logo Concello de A Guarda

      (+34) 986 610 000

      (+34) 986 610 283

      alcaldia@aguarda.es

      MOBILE APP

      You can download the official app of the town hall of A Guarda for:

      A Guarda IOS application
      A Guarda Android application

      Council

      • Write to the Mayor
      • Schedules of Interest
      • Sede Electrónica
      • Whistleblowing channel

      Información

      • Associations and Groups
      • Phones of interest
      • Emergency Pharmacy

      Recommended

      • Events
      • News

      © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

      • Legal notice
      • Política de cookies
      • Privacy Policy